29 de outubro de 2026

Preparando o mercado de Nadal

 

Xa comezamos a recoller todas a mercancía para o noso mercado solidario. Podes traer á biblioteca libros, elementos decorativos, roupa, accesorios, cousas feitas a man... Todo pode ter unha nova oportunidade. O recaudado irá para a  ASANOG (Asociación de cáncer infantil e xuvenil de Galicia).

Club de Radio, unha proposta creativa

 


O Club de Lectura volta a biblioteca

Iniciamos un novo ano de lecturas no noso club, cunha sesión para coñecernos e compartir gustos lectores, cun Murdoku e un xogo de dados. 

 

 

 






Non faltaron as risas cómplices, as recomendacións lectoras nin o biscoito. O mellor é que xa temos a primeira lectura nas mans, e que mellor que iniciar o curso con Nada, de Carmen Laforet.

Día das Bibliotecas, moito por celebrar

Para celebrar o Día das Bibliotecas, enchemos o recibidor do instituto de palabras, recomendacións e lembranzas arredor dos libros! Grazas a todo o alumnado por participar e compartir as súas reflexións no noso taboleiro. Que cada post-it nos anime a seguir lendo, descubrindo e imaxinando.

 







 

Día das Escritoras 2026

 Para conmemorar o Día das Escritoras, celebramos unha xornada moi especial na biblioteca lembrando, descubrindo e reivindicando o talento das autoras galegas. O alumnado non só aprendeu sobre a súa obra e legado, senón que tamén creou as súas propias chapas personalizadas como homenaxe. Unha pequena homenaxe en forma de arte para que as súas palabras sigan vivas.

 





























9 de outubro de 2026

Celebramos as palabras de Anne Carson, Premio Nobel de Literatura


 As fermosas palabras de Anna Carson sobre o acto de ler e escribir presiden hoxe a nosa biblioteca. Buscaremos inspiración na súa obra poética e demáis producción literaria. 

2 de outubro de 2026

Novo curso, moitas novidades

 A biblioteca está lista, un curso máis, para abrir as súas portas.

Este é o noso horario este ano:

 
 
Por suposto, os nosos andeis están cheos de novidades acabadas de chegar.
 

 


Deixamos por aquí un resumo de algunhas novidades nos nosos fondos.
 


 

 Agardamos por vós!