21 de marzo de 2024

O falar non ten cancelas: Radio na Biblio

 Hoxe inauguramos oficialmente a nosa Radio cunha proposta do Equipo de Dinamización da Lingua Galega. Tratouse do concurso "O falar non ten cancelas", dirixido ao alumnado de FPBásica.




Grazas aos profesores que fixeron realidade este proxecto, uns dende o punto de vista técnico e outros dotando de contido e sentido esta nova ferramenta da biblioteca.



















Os gañadores, o equipo de FPBásica de Electricidade. Noraboa!!






O Club de Lectura viaxa a Xapón

 Impresionante viaxe a que fixemos na sesión do Club, grazas a Jiro Taniguchi e o seu "Barrio Lejano".

Que pracer descubrir outra cultura da man dunha apaixonada como é a coordinadora do noso Club!

Repasamos a información que nos facilitou e así aprendemos de Manga, do autor, da gastronomía e de moitos elementos da súa cultura.
















Coma sempre non faltou o doce, adaptado á sesión, un biscoito xaponés. Aprendemos moitas curiosidades da lingua xaponesa, con palabras de orixe portugués, xa que foron os primeiros europeos en chegar alí.  Exquisita a Kasutera-Castella, un doce portugués popularizado en Xapón.




Con moitas ganas de seguir saboreando outras culturas grazas as lecturas.

8M: participar e reflexionar

 Calquera actividade que se programe para o 8M ten que procurar impactar no máximo número de alumnado, se é posible sobre todo no alumnado masculino. No noso centro, dado o seu perfil, sempre temos presente a visión masculina e tratamos de deseñar actividades que leven a considerar novas visións e perspectivas.

Estamos moi satisfeitas do impacto da actividade deseñada, onde a participación foi masiva.











18 de marzo de 2024

Volve o Rap á biblioteca

Contamos aquí o desenvolvemento dunha actividade integradora de varias competencias: comunicación, valores e emprendemento. Convidamos de novo ao rapero freestyler @Le33, xa que o curso pasado comprobamos o interese que espertou a súa visita entre o alumnado.




O alumnado de FP Básica e do Ciclo de Ensinanza e Animación Sociodeportiva tiveron oportunidade de participar, enlazando cos contidos relacionados cos módulos de comunicación que se imparten no ciclo. Tamén aproveitamos a actividade para ofrecer unha oportunidade de emprendemento e desenvolvemento persoal, visibilizando que é posible vivir profesionalmente dos nosos intereses persoais. 

Durante a charla aprendemos a historia do rap e o freestyle, as técnicas, as métricas, pero tamén de comunicación, do respeto ao oponente e de valores na competición e na vida.

A mensaxe final: Esfórzate cada día para lograr os teus soños.



Como non podía ser doutro xeito a actividade rematou cunha pequena demostración de batalla de galos, xunto cun grupo de profesores e alumnado.


Alumnado colaborador: materiais auxiliares para os nosos andeis

 De novo temos que agradecer ao noso alumnado a súa colaboración por deseñar e elaborar elementos de retención dos libros nos andeis.

Están moi chulos!



5 de marzo de 2024

8 de marzo: Quen é quen?

 



 Como veredes está na entrada do centro unha pequena exposición con debuxos de recoñecidas mulleres no seu campo de traballo. Todas as láminas van acompañadas dun código QR que permitirá ao alumnado participar no concurso Quen é quen? buscando a información para dar resposta ao cuestionario.


O alumnado poderá participar pola súa conta ou os profesores/titores poderán baixar co seu grupo durante unha hora da súa clase.

1.- Deberán coller un cuestionario, cada un deles ten 5 preguntas e hai 10 modelos distintos.
2. Responderá ás pregunta e no mesmo papel indicará nome, apelidos, curso e ciclo así como un teléfono de contacto. E depositará as respostas na urna.

Poderán participar do 6/03 ao 14/03 e sortearemos unha tarxeta agasallo de Mediamarkt de 100€

O sorteo realizarase o venres, 15 de marzo  duranto o recreo na biblioteca.


Deixamos unha pequena mostra das láminas seleccionadas, utilizando as imaxes dos libros "Mujeres de ciencia: 50 intrépidas pioneras que cambiaron el mundo"  e "Mujeres en el deporte: 50 intrépidas deportistas que jugaron para ganar", de Rachel Ignotofsky.