Por fin pasou o ruido do Black Friday e do Cyber Monday e xa podemos dedicar o tempo ás cousas que importan. Este ano para celebrar o Giving Tuesday poñemos en marcha unha iniciativa solidaria co Banco de Alimentos Rías Altas.
Desde a Biblioteca do centro imos facer un "Calendario solidario"
cuxa recaudación irá destinada ao banco de alimentos "Rías altas". A
donación poderá efectuarse de dúas maneiras, poderase colaborar con
alimentos ou ben con diñeiro. A idea é que durante o mes de decembro
estará exposta na entrada do instituto unha árbore con caixas, cada día
donaremos un tipo de alimento (por exempo, o día 1 café, o día 2
arroz...), ao día seguinte farase pública a cantidade de alimentos
recaudados en función das donacións.
O sistema será o seguinte:
-para donar os alimentos haberá un depósito ao lado da árbore e poderase facer ao longo do día dentro do horario do centro.
-para
donar diñeiro haberá que facelo na biblioteca dentro do seu horario (
de luns a xoves de 08:30 - 12:30 e venres de 08:30 - 12:10). Alí haberá
unha hucha custodiada polo profesor de garda. Todo o que done cartos
recibirá un boleto que se depositará nun recipiente ao lado da árbore e
entrará nun sorteo semanal. Tendo en conta que hai alumnos e profesores
que só teñen clase de tarde fixaranse dous días á semana nun horario
determinado para facilitar as donacións (martes de 16:00 a 16:30 e xoves
de 18:00 a 18:30).
Os cartos recaudados
serán destinados a alimentos que se levarán a "Rías altas" e será o
persoal da biblioteca o encargado de mercalos e de poñelos xunto á
arbore, toda a recaudación farase pública nas redes sociais para
asegurar a transparencia da iniciativa.
Este ano máis que nunca os bancos de
alimentos necesitan da nosa axuda e nós coma centro educativo
intentaremos pór o noso grao de area.