30 de novembro de 2021

GivingTuesday, un compromiso colectivo




 

Despois da avalancha consumista do Black Friday e o Cyber  Monday, desde a biblioteca do centro propoñémos, coma cada ano, celebrar o GivingTuesday, un día para ser solidario, para dar e non para mercar cousas (as máis das veces, inútiles).

Para que sexa realmente un compromiso colectivo decidimos crear unha enquisa para que sexa a comunidade educativa a que escolla a acción a desenvolver. 

Compartimos tamén aquí o formulario.


29 de novembro de 2021

O Club de Lectura do persoal é cousa seria

 O venres pasado o Club de Lectura do persoal docente e non docente reuniuse para falar de O peón, de Paco Cerdá.




Esta proposta lectora gustou moito, e levounos a falar de tantos outros peóns da Historia, personaxes que son utilizados para os intereses do poder e logo abandonados ou esquecidos. Todos coincidimos en que a historia narrada tiña sabor agridoce e tinguida de grises.


Nas fotos apreciase o bo comportamento e implicación do profesorado para cubrir a ficha didáctica proposta pola coordinadora:)



25 de novembro de 2021

Actividades polo 25N

O alumnado do centro tivo ocasión de transitar pola nosa rotonda contra a violencia e de deixar as súas mensaxes contra esta lacra.



 


 

Desde o Concello de Culleredo sumáronse á nosa conmemoración, recorrendo a ruta de sinais e lendo un manifesto de repulsa, xa na biblioteca.


Tamén as alumnas e alumnos do centro leron poemas de varias autoras sobre esta temática.



Mentres, o alumnado de Formación Básica participaba nun Obradoiro de acoso na rúa, impartido pola Fundación Mulleres.


Para rematar Radio Culleredo emitiu a tertulia celebrada na biblioteca na que participaron varios alumnos e alumnas, a orientadora do centro, a coordinadora da biblioteca e representantes da Fundación Mujeres.






Un intenso día, moito feito e moito máis por facer neste camiño da igualdade.


25N, seguimos cada día traballando para que a educación sexa a salida

Grazas ao traballo do noso alumnado  montamos unha instalación no vestíbulo de entrada ao centro, escenificando o camiño desde á violencia ata a educación, a igualdade e a liberdade, simbolizada na biblioteca coma meta final.



Na rotonda as sinais indican os perigos, pero se consiguimos evitalos e continuar o noso camiño, chegaremos á meta desexada, a nosa biblioteca.












22 de novembro de 2021

Espazo libre de violencias

Aproxímase o 25N e queremos que todo o centro manifeste o seu compromiso contra a violencia. A biblioteca, por suposto, traballa cada día pola igualdade e a reivindicación de ser un espazo onde as discriminacións e as violencias non teñen cabida.

Están programadas diversas actividades durante a semana, pero a biblioteca xa loce disposta para acollelas.







Novas recomendacións lectoras

 Temos moitas novidades literarias en camiño, para ofrecervos moita lectura para os vindeiros meses de inverno, cando máis apetece sofá, manta e un bo libro!






17 de novembro de 2021

Un espazo para vos!

 Parece que pouco a pouco imos voltando á normalidade, ao estudo, ás lecturas e a gozar do espazo compartido.







9 de novembro de 2021

Reorganizando os espazos

 Estamos a repensar o espazo dispoñible, deseñando novos recunchos para o lecer, para compartir, para estar doutro xeito na biblioteca.

Como vos gusta máis?






Traballando polo 25N

 Temos aos nosos axudantes preparando todo o material para o 25N. Encántanos a súa implicación e contar co seu traballo para desenvolver as actividades previstas.







8 de novembro de 2021

O Club de Lectura está de volta: unha gozada!

 Moito botabamos de menos o noso club e as sesións presenciais. 

Desde a última sesión do Club celebrada na biblioteca en febreiro de 2020, pasamos por unha pandemia, o IES pasou a ser CIFP, parte do profesorado que nos acompañaba nestas sesións tivo que marchar. Nada que ver ca situación actual, con máscaras, outro perfil de alumnado e novo horario. Pero se hai algo que non se perdeu: as ganas de compartir lecturas e... o pracer de tomar chocolate. 




 

Con todas as dificultades superadas, hoxe tocou presentar o noso menú aos novos membros do club. Temos unha carta moi variada, para todos os gustos, con aperitivos, menú do día, cousas máis fortes (brasa e leña) e por suposto doces e sobremesas.

 

 



Fixemos as presentacións e cada un de nós explicou os seus gustos lectores e recomendou as súas últimas lecturas.







A biblioteca lucía nos seus andeis moitas propostas lectoras para comentar na sesión e para convidar con máis lecturas aos asistentes.


Jamás tendré 20 años de Jaime Martín, Open de André Agassi, La casa de Paco Roca marcharon debaixo do brazo de alguén.

A proposta lectora para o mes é Rewind de Juan Tallón. Parécenos que a temática do libro é moi axeitada para o momento que vivimos, de reflexionar sobre o que é importante na nosa vida, de parar para seguir. Cremos que dará moito que falar, sobre todo se temos a oportunidade de compartir as nosas reflexións co autor. Desexando que chegue o día!