30 de novembro de 2014

Novidades na biblioteca!!!

Xa podes gozar das novas propostas de lectura!!

Podes escoller: Matemáticas, ciencia, banda deseñada, literatura en castelá ou en lingua galega






Pica a dereita nas nosas recomendacións e novidades para saber mais. Tamén podes acceder aquí

27 de novembro de 2014

A Laboral di #nonmaltratoUL

O día 25 enchimos o twitter de chíos

#nonmaltratoUL














23 de novembro de 2014

25N: Día Internacional da eliminación da violencia contra a muller

Que mellor que recordar este día, homenaxeando a todas aquelas mulleres de verdade, as do día a día. Compartimos un video fermosísimo,  adianto do próximo disco de Guadi Galego. Titúlase "Matriarcas"





Recordade que seguimos a pedir un chío: #nonmaltratoUL

Exposición humor

Nestas datas antes do Nadal pareceunos un momento idóneo para reunir parte dos fondos relacionados co humor, co sonriso, cun xeito de ver as cousas pola cara amable, afastandonos da crise e do desacougo que provoca cada telexornal.

Podedes escoller novelas, poesía, teatro, películas...Temos risas de todo tipo. Pásate pola biblio e desfruta!!







19 de novembro de 2014

Pedimos un chío contra o maltrato e a violencia de xénero: #nonmaltratoUL





Dende a Biblioteca queremos propoñer unha campaña contra o maltrato que se recorda o vindeiro 25 de novembro. Para iso os alumnos poderán redactar unha mensaxe en calquera idioma (castelá, galego, inglés, francés, latín) en twitter, co hastag (etiqueta) #nonmaltratoUL.

Ademais de concienciar os alumnos sobre este problema, tratamos de dar a coñecer os perfís da biblioteca nas redes sociais:
Pensamos que é unha actividade moi sinxela de levar a cabo, aínda que non esteades familiarizados co Twitter. Só hai que redactar unha mensaxe de 140 caracteres e engadir a etiqueta #nonmaltratoUL. Podedes facelo durante toda a semana ata o día 25.

Grazas por colaborar

15 de novembro de 2014

Campaña de recollida de alimentos na Biblioteca

Como sabedes os Bancos de Alimentos están baixo mínimos, así que chamaron ao noso centro solicitando axuda.

Na biblioteca puxémonos mans á obra e estamos a recoller alí todo o que poidades traer. Tamén estamos en contacto con algúns patrocinadores que aportarán pequenos agasallos que se sortearán entre todos os que donástedes.

O lema da campaña é "50 días de solidariedade", un xeito de pechar o 50 aniversario do centro acordándonos dos que mais o necesitan.



13 de novembro de 2014

Ghalegho ou galego? Orgullosos da nosa lingua

Hai uns días fíxose viral un video onde uns rapaces de Rianxo reivindicaban as varientes do galego que empregan de xeito cotiá (gheada e seseo)





Días despois, dende Ribadeo obtiñan resposta



 O galego é unha lingua viva, por iso cada galego faina súa, falando do seu xeito, orgulloso, a súa lingua

"Blacksad. Amarillo", Premio Nacional de Cómic

Juanjo Guarnido (debuxante) e Juan Díaz Canales (guionista) foron galardonados co Premio Nacional de Cómic polo álbum "Amarillo" da serie "Blacksad"
Trátase do último álbum da serie fabulosa con persoaxes convertidos en animais e protagonizado polo gato Blacksad. A obra recolle o ambiente turbio dos Estados Unidos dos anos cincuenta, onde son protagonistas a política, o jazz, os baixos fondos...

Un imprescindible do cómic que podes disfrutar na nosa biblioviva.

6 de novembro de 2014

Xa chegou MatExpo A Laboral

Queremos dar as gracias á Fundación Barrié por traernos ao noso centro a exposición itinerante MatExpo. Fixádevos o ben que luce no noso hall!!



5 de novembro de 2014

25 anos da caída do Muro de Berlín

Cúmplense estes días 25 anos dun feito histórico emocionante, que marcou unha nova etapa na historia europea.

A noite do 9 de novembro caeu o muro que separaba en dúas metades o corazón da cidade de Berlín











Para conmemorar esta data, na cidade Berlín iluminarán  con globos o antigo percorrido do muro entre os días 7 ao 9 de novembro.



LICHTGRENZE from Fall of the Wall 25 on Vimeo.

4 de novembro de 2014

Novembro, mes da ciencia en galego






 Desde a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria vaise impulsar a celebración anual do mes de novembro como MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS. Iníciase esta actuación coa elección dunha imaxe e a difusión dun texto, a modo de MANIFESTO,  do científico Ángel Carracedo, profesor de Medicina Legal, Ética Médica e Bioloxía Molecular da Universidade de Santiago de Compostela. 


Desde a Asesoría de bibliotecas escolares realizouse unha recompilación de recursos dixitais relacionados coa ciencia, en galego, que se pon a disposición de todas as bibliotecas: libros e unidades didácticas descargables en formato pdf, páxinas web de institucións, museos e asociacións de profesores e divulgadores científicos, convocatorias e propostas, blogues de ciencia dos centros educativos, experiencias de bibliotecas escolares, etc.