17 de decembro de 2018

O Club de Lectura celebra o Nadal

Unha nova lectura, moito debate, uns doces, un café, moitas risas... non se pode pedir máis. Hoxe tocaba falar de "Kafka y la muñeca viajera", de Jordi Sierra i Fabra.


A obra gustou case a todos e ademáis serviu para reivindicar a figura de Kafka e a súa producción literaria.


Pero estamos en tempo de Nadal e é tan bonito agasallar...






Os alumnos quedaron encantados coas súas chapas de #EuSonDesteClub, coas camisetas e coas tazas de #leeydejaleer de @loenlasnubes.

Desta volta foi doado escoller a nova lectura xa que en xaneiro esperamos a visita de María Solar e varias científicas do CSIC que nos falarán de "Os nenos da variola".



Felices Lecturas polo Nadal!


O equipo da Biblioteca fixo unha escolma de lecturas recomendadas para este tempo de vacacións, para aproveitar o tempo frío ao carón dun bo libro e algo quentiño.

Aproveitamos tamén para desexarvos un BO NADAL!! Vémonos no 2019 pola Biblioteca!




12 de decembro de 2018

Renovamos os nosos fondos: Botade unha ollada!

Xa temos catalogadas as moitas novidades que mercamos este  trimestre grazas aos fondos procedentes do PLAMBE (Plan de Mellora das Bibliotecas Escolares).

Atoparedes as suxestións dos departamentos para os seus itinerarios lectores e as súas respectivas propostas de lecturas obrigatorias e voluntarias. Tamén renovamos moitos libros técnicos para as diferentes familias profesionais do centro.



Aquí tedes unha mostra dalgunha das novidades




Para saber máis, xa sabedes, visitade o noso blogue de Lecturas na Laboral e alí atoparedes unha breve recensión de cada un deles. Picade na imaxe!


27 de novembro de 2018

Operacion Pangono Pangono alumea Malawi e a biblioteca

Moito agradecemos aos compañeiros de Operación Pangono Pangono, Ricardo, Jesús e Fernando que viñeran hoxe a compartir a súa experiencia en Malawi con nós.

Eles están a desenvolver o proxecto #AlumeaMalawi, para garantir o suministro de luz eléctrica en Chezi. Para iso están instalando paneis fotovoltaicos que permiten o funcionamento sen interrupcións das bombas de auga no orfanato.











 Foi unha oportunidade para reflexionar sobre as cousas que verdadeiramente importan, lonxe de compras absurdas e descontroladas promovidas por intereses comerciais de grandes multinacionais. Desde a biblioteca reivindicamos o #GivingTuesday e as pequeñas accións que poden cambiar o mundo. Todo depende de nós e do noso compromiso coma sociedade.










26 de novembro de 2018

O noso Club énchese de libros con 84 Charing Cross Road

A primeira proposta de lectura do ano fíxonos falar de libros e máis libros...




"84 Charing Cross Road" é un canto ao pracer de ler, o goce de ter un libro coma se fora un tesouro.

Aproveitamos para sacar dos andeis libros fermosos de editoriais que cuidan e miman as obras do seu catálogo. Tamén falamos de librerías, eses espazos marabillosos dos que lamentablemente van quedando menos, e dos libreiros e libreiras que lles dan vida.


Coma sempre, diversidade de opinións sobre a obra, aínda que houbo unanimidade no gusto que da ter un libro fermoso nas mans e sentir o tacto do papel.




Para rematar a nova proposta de lectura, unha obra deliciosa para combinar cas semanas de exames que se aveciñan.





Derribando muros, abrindo portas (violetas)

Un ano máis tratamos de deixar as nosas mensaxes de rexeitamento á violencia en todas as súas formas. Pero quixemos traballar de xeito positivo, sembrando menxases de esperanza porque firmemente cremos que esta lacra pode vencerse entre todos.

Por iso, no hall do centro pintamos unha porta violeta na parede, inspirándonos na canción de Rozalén







Durante estes días escribimos mensaxes para encher de luz o muro








O venres lemos un manifesto e vestimos de negro para recordar o día




Todos quixemos dar a cara contra a violencia




20 de novembro de 2018

Nin #BlackFriday nin #CyberMonday, apúntate ao #GivingTuesday





O vindeiro martes 27 celebrarase o #GivingTuesday (martes para dar e compartir). O movemento #GivingTuesday nace como alternativa aos días previos de BlackFriday e CyberMonday, que promoven as compras previas do Nadal.

A biblioteca da Laboral queremos unirnos ao movemento solidario organizando dúas charlas onde os compañeiros do centro da Operación Pangono Pangono van a expoñer ao profesorado e alumnado asistente a súa experiencia de voluntariado en África.

No primeiro recreo do martes 27, a partir das 10:15 h, Fernando Vidal, Jesús Fernandez e Ricardo Baamonde presentarán ao profesorado e persoal do centro o proxecto da Operación Pangono para este nadal, que os levará de volta a Malawi para a realización de cinco instalacións fotovoltaicas en hospitais, residencias de estudantes e orfanatos deste pequeno país africano.

Posteriormente, ás 10:30 h, haberá unha segunda charla dirixida a grupos de alumnado, co obxectivo de promover a realización de accións de voluntariado

Animámosvos a todos e todas a participar.




Black Friday na biblioteca: Perderás o alento pero de balde

Xa chegou o bombardeo de publicidade polo Black Friday, coas súas suxestións de compras sen límite.







O único #BlackFriday que paga a pena é o que pasas cunha boa novela negra ou cunha película que non deixe respiro. Non perdas tempo mercando o que non precisas. Na biblioteca prometemos que só perderás o alento.




Poder ver unha selección no noso blog lecturasnalaboral






12 de novembro de 2018

Traballando coa Lingua Castelá na biblioteca: A voz do experto

O alumnado de 3º da ESA estivo moi ocupado traballando o texto expositivo e as habilidades lingüísticas. Para realizar a actividade empregaron a aula de informática para buscar a información por parellas e despois foron quen de desenvolver unha entrevista a un"experto" na aula de traballo colaborativo da biblioteca e na propia aula. No resultado final tiñan que aplicar as características estudiadas sobre estes textos e controlar a súa expresión oral

Aquí tendes unha mostra do traballo desenvolvido