Xa podes atopar no noso revisteiro as novidades.
30 de abril de 2015
28 de abril de 2015
Gañadores concurso Día do Libro
Xa temos gañadores dos concursos de deseño de portadas "Recoméndoche" e o do selfie "E ti que les?".
A gañadora do deseño de portadas é Uxía Caridad Varela, de 1º de Bacharelato E, que nos recomenda o libro de Laura Gallego "Dos velas para el diablo".
Aquí tedes o seu traballo, xunto con outros partícipes no concurso
O gañador do concurso de selfie é Brais Patiño Chao, de 1º de CS de Mantemento de Instalacións Térmicas, co libro "Zombi. Guía de Supervivencia", de Max Brooks

23 de abril de 2015
Día do Libro
Hoxe na Laboral celebramos o día do Libro!!
Escolle unha das novidades que mercamos para celebrar este Día do Libro 2015 e desfruta
No noso blogue de Lecturas na Laboral, poderás ver un resumo de cada un e seleccionar os mais preto aos teus intereses, usando as etiquetas (Banda deseñada, galego, novela negra...). Preme nas imaxes.
Na entrada da biblioteca e no vestíbulo do centro fixemos unha solta de libros, que podes levar sen volta a túa casa.
E aínda estás a tempo de participar nos nosos concursos "E ti que les? e "Recoméndoche"
Escolle unha das novidades que mercamos para celebrar este Día do Libro 2015 e desfruta
No noso blogue de Lecturas na Laboral, poderás ver un resumo de cada un e seleccionar os mais preto aos teus intereses, usando as etiquetas (Banda deseñada, galego, novela negra...). Preme nas imaxes.
Na entrada da biblioteca e no vestíbulo do centro fixemos unha solta de libros, que podes levar sen volta a túa casa.
20 de abril de 2015
E ti que les na Laboral?
Xa temos as primeiras fotos e selfies no noso twitter @bibliovivaU , para participar na nosa campaña #etiquelesnalaboral
Recorda que podes gañar unha tarxeta agasallo por valor de 50€!!

O equipo da biblioteca tamén fixo a súa aportación #etiquelesnalaboral anímate a participar!!!!! pic.twitter.com/gIIcuL2R1x
— Biblioviva Ulaboral (@BibliovivaU) abril 16, 2015
Made in Galiza #etiquelesnalaboral @BibliovivaU pic.twitter.com/KkKXFkxVp0
— Nuria Varela (@nurinhav) abril 13, 2015
Participa no concurso de selfie. Celebra o Día do Libro #etiquelesnalaboral @BibliovivaU pic.twitter.com/qA8h57xevh
— Eugenia García Canle (@EugeniaGCanle) abril 13, 2015
O noso Coordinador de FCT, facendo exercicio #etiquelesnalaboral pic.twitter.com/vHzcfDrpFv
— Biblioviva Ulaboral (@BibliovivaU) abril 16, 2015
O Coordinador de FCT lendo "Ulises", Premio Nacional de Traducción, #etiquelesnalaboral pic.twitter.com/23likjNj3j
— Biblioviva Ulaboral (@BibliovivaU) abril 16, 2015
@BibliovivaU #etiquelesnalaboral aprendiendo a mojar una galleta : D pic.twitter.com/fJYMDaW7iK
— GordoVago (@andresgoez123) abril 18, 2015
@BibliovivaU O señor xefe de estudos no seu despacho relendo Cantares Galegos, #etiquelesnalaboral pic.twitter.com/xJWTYzB6ua
— Manuel Rodríguez (@anxonunez) abril 20, 2015
#etiquelesnalaboral pic.twitter.com/d1aCk05vcZ
— ouveo (@ouveo) abril 19, 2015
16 de abril de 2015
Xa están en marcha os nosos Coffee Break!!
Esta semana puxéronse en marcha na nosa aula de traballo colaborativo os grupos de conversa informal en English, na que participan profesores, alumnos e persoal non docente.
Aínda estades a tempo de unirvos a algún dos grupos. O horario provisional é:
Aquí tedes as imaxes das primeiras sesións.

13 de abril de 2015
Pásate polo noso photocall do Día do Libro
Xa temos listo o panel para que saques o teu selfie.
Recorda etiquetalo co lema #etiquelesnalaboral e publicalo en Twitter ou envialo ao noso correo biblioviva@ulaboral.eu
A coordinadora da biblioteca xa fixo a súa primeira recomendación: "A memoria da choiva", de Pedro Feijoo.

12 de abril de 2015
Preparativos para a celebración do Día do Libro
Xa sabedes que o día 23 de abril celébrase o Día do Libro. Por iso, o equipo da biblioteca anímate a participar nas dúas actividades que che propoñemos.
A primeira: Trátase de que recomendes un libro, debuxando de xeito orixinal a súa portada. Todos os participantes recibirán un agasallo e o gañador recibirá unha tarxeta da FNAC. Nos carteis tes mais información
Para a segunda actividade, só precisas o teu móbil, facer un selfie ou unha fotografía orixinal na que esteas lendo, subila ao Twitter ca etiqueta #etiquelesnalaboral ou, se preferides, podedes enviala ao noso correo: biblioviva@ulaboral.eu. Anímate, é moi doado gañar!! Pásate pola biblioteca e infórmate. Tamén poderás ver o Photocall que temos preparado para as túas fotos!!

7 de abril de 2015
English Break na biblioteca
Están a piques de comezar os grupos de conversa informal en inglés na aula de traballo colaborativo da biblioteca.
Aproveita para mellorar o teu nivel nos recreos ou nas túas horas libres!! Apúntate na biblioteca. Xa temos participantes no grupo básico, intermedio e avanzado.

Subscribirse a:
Publicacións (Atom)