12 de abril de 2015

Preparativos para a celebración do Día do Libro

Xa sabedes que o día 23 de abril celébrase o Día do Libro. Por iso, o equipo da biblioteca anímate a participar nas dúas actividades que che propoñemos.

A primeira: Trátase de que recomendes un libro, debuxando de xeito orixinal a súa portada. Todos os participantes recibirán un agasallo e o gañador recibirá unha tarxeta da FNAC. Nos carteis tes mais información


Para a segunda actividade, só precisas o teu móbil, facer un selfie ou unha fotografía orixinal na que esteas lendo, subila ao Twitter ca etiqueta #etiquelesnalaboral ou, se preferides, podedes enviala ao noso correo: biblioviva@ulaboral.eu. Anímate, é moi doado gañar!! Pásate pola biblioteca e infórmate. Tamén poderás ver o Photocall que temos preparado para as túas fotos!!




Ningún comentario:

Publicar un comentario

Graciñas por participar en biblioviva