25 de febreiro de 2019

Compartimos literatura e "orellas" de Entroido

Xa sabedes que no noso Club de Lectura somos bastante "comellas" e que aproveitamos todas as ocasións para ler e comer.

Hoxe tivemos con nós a Antía Yáñez para falar da súa obra "Senlleiras". Compartimos o xantar e unhas riquísimas "orellas". Un gusto falar con ela dando visibilidade ás mulleres. 







19 de febreiro de 2019

O alumnado de ciclos colabora coa biblioteca

Nestas últimas semanas a biblioteca ten uns colaboradores de luxo.

O alumnado do centro anda a implicarse nas nosas necesidades.

A biblioteca necesitaba soportes para a ordenación dos libros nos andeis.  O alumnado do Módulo de Procesos de Montaxe púxose mans á obra!







Xa temos un prototipo, pendente de pintura e perfeccionamento. Non queren que quede de calquera xeito!

Tamén temos coma cómplices ao alumnado de 1º de Ciclo Superior de Mantemento de Instalacións Térmicas. Estamos preparando unha exposición para o 8 de marzo que pensamos vai quedar espectacular grazas á súa axuda





Os equipos de aire acondicionado da biblioteca necesitaban un bo mantemento. Pois listo! O alumnado do CS de Eficiencia Enerxética solucionou o problema e agora marchan estupendo

 Grazas ao alumnado e ao profesorado deses módulos por colaborar con nós! Entre todos construímos unha biblioteca ao servizo do centro!

Alejandro Palomas visita a nosa biblioteca

O pasado mércores día 13 foi un día luminoso na nosa biblioteca. O sol entraba polas fiestras e Alejandro Palomas encheu de literatura o espazo. O alumnado de Bacharelato tiña moitas preguntas que facerlle ao autor de "Un hijo", Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil 2016 e tamén merecedor do Premio Nadal 2018 por "Un amor".






O noso altar fixo de improvisada cadeira ao autor. Os libros e a literatura ocupando os nosos espazos privilexiados!

11 de febreiro de 2019

Día da muller e da nena na ciencia

Hoxe, 11 de febreiro, é o día da muller e a nena na ciencia. Non hai mellor momento para recordar a moitas pioneiras, que sufriron a discriminación e aínda a apropiación dos seus logros polos seus colegas varóns.

Na biblioteca estas mulleres teñen o seu propio espazo nos nosos andeis


5 de febreiro de 2019

Alejandro Palomas visitará o noso centro


Estamos emocionados pola visita de Alejandro Palomas o vindeiro día 13. O autor de "Un hijo" e "Unha madre", entre outras moitas obras, falará na Biblioteca da súa labor creativa e da súa traxectoria literaria.

O alumnado de 1º de BAC será o encargado de entrevistalo, tras a lectura que fixeron de "Un hijo", obra que acadou o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil.

Desexando que chegue o día!!