O alumnado do centro anda a implicarse nas nosas necesidades.
A biblioteca necesitaba soportes para a ordenación dos libros nos andeis. O alumnado do Módulo de Procesos de Montaxe púxose mans á obra!
Xa temos un prototipo, pendente de pintura e perfeccionamento. Non queren que quede de calquera xeito!
Tamén temos coma cómplices ao alumnado de 1º de Ciclo Superior de Mantemento de Instalacións Térmicas. Estamos preparando unha exposición para o 8 de marzo que pensamos vai quedar espectacular grazas á súa axuda
Os equipos de aire acondicionado da biblioteca necesitaban un bo mantemento. Pois listo! O alumnado do CS de Eficiencia Enerxética solucionou o problema e agora marchan estupendo
Grazas ao alumnado e ao profesorado deses módulos por colaborar con nós! Entre todos construímos unha biblioteca ao servizo do centro!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Graciñas por participar en biblioviva