O vindeiro luns, día 24 de outubro, celebraremos o Día das Bibliotecas inaugurando o noso Club de Lectura
Xa temos escollida a primeira obra que leremos. Trátase de
Enderezo descoñecido é unha moi breve novela epistolar
publicada en 1938 nos Estados Unidos. A súa autora pretendeu ao
escribila denunciar o que estaba pasando na Alemaña nazi cos xudeus,
ante a indiferenza do resto do mundo. Tivo que asinar con pseudónimo xa
que a historia considerábase moi dura para ser obra dunha muller.
As cartas entre dous amigos, un xudeu estadounidense e un alemán que
regresa a seu país no ano 1932, transmítenos con sinxeleza e claridade
como o nazismo se apropiou non só do poder, senón tamén das conciencias
de moitos alemáns, que se sumaron á tolemia nazi cunha naturalidade
espantosa.
Para coñecer mellor a época na que se desenvolve a obra e coñecer historias con argumentos similares, dende a Biblioteca facémosvos estas propostas
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Graciñas por participar en biblioviva