Xunto con Esther, a libreira, conversamos sobre libros, gustos e recomendacións lectoras.
Alí casualmente atopamos con Suso Lista, autor de "Salseiros" e "Xeixos" que veu saudar e recordou os seus tempos de estudante na Laboral, con mil anécdotas que nos levaron a uns reivindicativos anos oitenta. Por suposto, quedamos en que nos faría unha visita pronto.
A tarde pasou nun volado e nin tempo tivemos de que os membros do Club seleccionasen moitos libros ao seu gusto, como tiñamos pensado.
Haberá que voltar pronto para mercar máis: os que trouxemos sábennos a pouco!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Graciñas por participar en biblioviva