16 de decembro de 2022

Campaña solidaria de recollida de alimentos polo Nadal

 No equipo da biblioteca estivemos dacordo en que non podiamos deixar rematar o 2022 sen facer a recollida de alimentos a favor do Banco de Alimentos Rías Altas. O certo é que o tempo botóusenos encima e que só temos tres días antes do remate das clases, pero cremos que é tempo dabondo para que a nosa comunidade educativa poida facer a súa contribución solidaria.

A recollida será na biblioteca. Podedes traer os alimentos non perecederos que queirades ou ben mercar un dos nosos marcapáxinas solidarios, a cambio do donativo que consideredes. Cos fondos recaudados un membro do equipo da biblioteca encargarase de mercar leite, aceite e conservas.

Pensamos que é importante trasmitir estes valores solidarios ao alumnado, así que animámosvos a que os acompañades á biblioteca e lles expliquedes esta iniciativa. Cada un pode contribuir segundo as súas posibilidades. Cada euro€ conta!


 


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Graciñas por participar en biblioviva