22 de abril de 2023

Preparativos para celebrar a Festa do Libro

 O equipo da biblioteca traballou arreo para deixar a instalación lista para o vindeiro luns cando celebraremos a Festa do Libro.

Trátase dunha proposta lúdica de achegamento aos libros, sen máis pretensións que pasar un bo momento a carón dos libros.

O equipo da Biblioteca preparou unha instalación no hall do centro, onde presentararemos unha escolma de recomendacións lectoras.

A idea é que todos os membros da comunidade educativa participen en un photocall humorístico (facilitaremos gorras, lentes, perrucas, ás...). Todos os que se acheguen a participar terán dereito a recompensa na nosa mesa doce.

Aproveitamos o día para presentar o noso novo panel de recomendacións lectoras LERFLIX. A suscripción é de balde e pódese compartir contrasinal:). Será un espazo permanente onde atoparedes as recomendacións da Biblioteca.

 





 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Graciñas por participar en biblioviva