16 de decembro de 2019

Nova sesión do Club de Lectura



Nova reunión do Club de Lectura, desta volta para falar da obra de Ian McEwan, La ley del menor. Nesta ocasión o alumnado participante no Club considerou que se trataba dunha lectura esixente, que requería tempo e concentración. O alumnado máis adulto e o profesorado gozaron máis coa súa lectura. Diversidade de opinións; a razón de ser dun Club de Lectura.

No que si que houbo acordo foi en recoñecer que o libro leva consigo moitos temas para debater. Entre os dilemas persoais da protagonista: permitir unha infidelidade no seu matrimonio e a renuncia á maternidade para alcanzar o éxito profesional. Coma xuíza ten que resolver varios conflictos familiares que afectan a menores, ás conviccións relixiosas, a cuestións éticas e morais. Tamén houbo tempo para cuestionar a fronteira da maioría de idade nos dezaoito anos.





Por suposto, non faltou o café e a sobremesa (grazas, Marina, polo biscoito).

E para celebrar o tempo de Nadal houbo agasallos:

Libretas da Asesoría para todo o alumnado e agasallos solidarios para as mellores citas e reseñas.




Pareceunos adecuado que os nosos agasallos contribúan a lograr un mundo máis xusto e igualitario, mercando os produtos elaborados por mulleres das comunidades máis desfavorecidas da India. Traballamos así cos obxectivos 1 e 5 da Axenda 2030.


O mellor é que xa temos elixida a próxima lectura: Infamia de Ledicia Costas.



2 comentarios:

  1. Avanzamos cada día un pouco máis para alcanzar o nivel de excelencia que o noso extraordinario alumnado nos vai demandando.

    ResponderEliminar
  2. Avanzamos cada día un pouco máis para alcanzar o nivel de excelencia que o noso extraordinario alumnado nos vai demandando.

    ResponderEliminar

Graciñas por participar en biblioviva