Nestes días nos que toca reformular o noso mundo por causa da situación creada polo Coronavirus, hai quen está a dar voltas aos obxectivos da Axenda 2030.
Os nosos compañeiros, fundadores da ONG Operación Pangono Pangono, seguen acercándonos os problemas da xente ordinaria en moitos paises de África. Aínda nestas semanas complicadas de confinamento todos nós temos a posibilidade de encher as nosas neveiras e conservar os alimentos por moitos días. Este feito está moi lonxe de ser realidade para moitas familias en África.
As interrupcións constantes no suministro eléctrico obrigan a buscar outras solucións alternativas na enerxía solar ou nos microcompresores.
Lograr un modo eficaz de refrixerar os alimentos facilitará a vida a aquelas persoas que tradicionalmente son as encargadas das tarefas domésticas e permitiralles unha maior independencia e desenvolvemento persoal ao non ter que dedicar tantas horas nos procesos artesais de conservación dos alimentos.
Buscan chamar a atención das empresas e da comunidade científica para acadar xuntos unha solución para as máis de 1500 millóns de persoas que non teñen acceso a un refrixerador, deseñando un modelo universal que poida ser empregado en calquera lugar de África.
Máis información desta nova na prensa:
https://www.lavozdegalicia.es/noticia/sociedad/2020/04/05/objetivo-llevar-frio-africa/00031586107517551377528.htm
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Graciñas por participar en biblioviva