Alumnado moi diverso que descubre todo o que a biblioteca pode ofrecerlles
15 de novembro de 2017
Seguimos coa formación de usuarios
Seguen a participar nas sesións de formación de usuarios o alumnado novo do centro. Esta semana foi o turno de varios ciclos medios e de formación básica.
Alumnado moi diverso que descubre todo o que a biblioteca pode ofrecerlles
Alumnado moi diverso que descubre todo o que a biblioteca pode ofrecerlles
Contos do Camerún na biblioteca
Samuel Mountoumjou, contacontos camerunés, visitou a nosa biblioteca e invitounos a viaxar por África a través das súas historias, lendas, parábolas e anécdotas. Grazas ao departamento de Francés por facernos partícipes desta actividade.
13 de novembro de 2017
Sesións de formación de usuarios
Coma cada ano, nestes días estamos amosando a biblioteca ao novo alumnado de 1º de Bacharelato e 1º de Ciclos Formativos. Todos eles están a descubrir os nosos servizos e coñecendo os nosos fondos.
Unha actividade de moito proveito
Unha actividade de moito proveito
6 de novembro de 2017
O Club de Lectura xa está en marcha
Hoxe comezamos as reunións do Club do mellor xeito posible: dando a benvida aos novos membros, falando de libros, ollando as novidades e cunha nova lectura xa lista.
A proposta é "Marcas de nacemento" de Nancy Huston, que esperamos que guste a un grupo tan dispar (alumnado de Bacharelato e Ciclos, profesorado e persoal non docente)
A proposta é "Marcas de nacemento" de Nancy Huston, que esperamos que guste a un grupo tan dispar (alumnado de Bacharelato e Ciclos, profesorado e persoal non docente)
24 de outubro de 2017
Día das Bibliotecas
Hoxe é un día para celebrar a existencia das bibliotecas, espazos de liberdade, onde pensar e compartir, onde as palabras e as ideas ocupan os andeis
Parecenos oportuno compartir con vós dous videos onde os libros e a biblioteca xogan o papel de salvadores, de sabia medicina que alivia.
Para abrir boca, unha charla TED
Finalizamos cunha historia tan ben contada e ilustrada, que mereceu un Oscar
Parecenos oportuno compartir con vós dous videos onde os libros e a biblioteca xogan o papel de salvadores, de sabia medicina que alivia.
Para abrir boca, unha charla TED
William
Kamkwamba
Finalizamos cunha historia tan ben contada e ilustrada, que mereceu un Oscar
19 de outubro de 2017
Buscamos xente que devore os libros
Gústache ler? Compartir? Que tal un café con doces? Anímate a formar parte do noso Club de Lectura e prepárate para devorar os libros... e os doces, claro.
4 de outubro de 2017
Biblioteca aberta para pensar, descubrir e compartir
Hoxe recibimos os carteis co lema deste ano das bibliotecas escolares: "APRENDER A PENSAR NA BIBLIOTECA ESCOLAR"
Compartimos a idea de que a biblioteca é un espazo onde aprender a dialogar, a compartir experiencias e actividades diferentes ás que se se desenvolven nas aulas. Un espazo onde nos fagamos preguntas que permitan coñecer e manexar a complexidade da realidade.
Unha selección de obras filosóficas, científicas, literarias, de banda deseñada para empezar a pensar
Biblioteca aberta para o novo curso!!

Subscribirse a:
Publicacións (Atom)