27 de xaneiro de 2026

Un mundo de fantasía no noso Club de Lectura

 Da man da obra Piranesi, de Susanna Clarke, fixemos a enorme descuberta do xénero da fantasía, todo un territorio ao que moitos dos membros do Club non chegaran antes.

Tivemos opinións para todos os gustos, houbo que non entrou no mundo de Piranesi e quen paseo con el polas salas e xogou cas súas mareas.

A sesión deu para falar da identidade, da memoria e da busca da transcendencia. Aí é nada!











Rosalía na nosa Rula (Radio na Biblio)

 Comezamos a preparar a homenaxe a Rosalía grabando poemas desde a Radio, grazas a coordinación de EDLG.





Faladoiro na biblioteca

 


Hoxe comeza o Faladoiro dos martes ás 11:30 na biblioteca, organizado polo Equipo Dinamización Lingua Galega. Durante media hora á semana conversaremos en galego e poden partipar tanto traballadores do centro como o alumnado.

Animádevos a participar!


22 de xaneiro de 2026

Talentos Inclusivos de novo na biblioteca

 O alumnado de Electricidade e de Instalacións eléctricas de FP Básica participa un ano máis no programa Talentos  Inclusivos en asociación coa entidade Aspace.







Una experiencia que permite ao alumnado coñecer as dificultades no día a día das persoas con parálise cerebral e descubrir como eles poden axudarlles.

Entrega da recaudación solidaria ao Banco de Alimentos de A Coruña

 






Acto oficial de entrega da recaudación solidaria a favor do Banco de Alimentos de A Coruña. Manuel Mora, o seu Presidente, xunto co equipo de voluntarios de centros educativos, visitaron A Laboral. Mostráronse moi agradecidos pola donación de 3650€, recaudados grazas ao mercado solidario e demais actividades de Nadal organizadas conxuntamente entre CIFP Universidade Laboral e a Sección de Culleredo da EOI. Tamén tivemos ocasión de coñecer as dificuldades para facer chegar os recursos necesarios a tanta xente en situación de vulnerabilidade.

17 de decembro de 2025

Éxito do mercado de Nadal

 Pasado o ecuador da semana estamos moi satisfeitas da acollida do noso mercado, xa que tanto as rifas como a mercancía tiveron un éxito de ventas e estamos preto de alcanzar os 3000€ de recaudación! Marabilla!

 






 

Lemos unha autora premio Nobel no noso Club

 Quixemos elevar o nivel de esixencia lector abordando a obra de Han Kang, "A vexetariana", unha obra complexa e con moitos matices e que da lugar a diversas interpretacións.

O dossier preparado para a ocasión e sobre todo as galletas facilitaron moito a sesión e o debate. Temas como a discriminación, a comunicación, a violencia, a liberdade individual estiveron no centro da sesión.

 


 




 










 Como sempre a nosa mesa quedou chea doutras propostas de literatura coreana.