22 de outubro de 2025

Día das Bibliotecas: Contra a desinformación

 Nestes momentos semellan máis necesarias que nunca as bibliotecas. Resultan imprescindibles fontes fiables de información frente a ameaza de influencers, Tik-Tok e Fake News.

 Este venres, 24 de outubro, celebramos o Día das Bibliotecas, unha data crave para poñer en valor a función esencial que estes espazos desempeñan na nosa sociedade. 

Unha orixe con memoria: ​por que o 24 de outubro? Esta celebración, impulsada pola Dirección Xeral do Libro, do Cómic e da Lectura do Ministerio de Cultura, conmemora o tráxico incendio da Biblioteca de Saraievo en 1992, durante o conflito dos Balcáns. É unha homenaxe ao labor dos bibliotecarios e un recordatorio da importancia da defensa da cultura, a memoria e o acceso libre ao coñecemento. ​ Desde 2019, a celebración incorpora o lema xeral "Aptas para todos os públicos", ao que se suma un fío condutor temático que cambia cada ano. 

 O desafío de 2025: "contra a desinformación" 
 
 

 
 Nesta edición, o foco ponse nun desafío crucial do noso tempo: a loita contra a desinformación. Baixo o lema "Contra a desinformación: bibliotecas", destácase o rol de todas as tipoloxías de bibliotecas (públicas, escolares, universitarias, especializadas e nacionais) como diques de contención fronte ás fake news.

As bibliotecas non só combaten a desinformación a través das súas coleccións e bases de datos, senón, e sobre todo, grazas ao labor do seu persoal bibliotecario, que actúa como curador de contidos, ofrecendo apoio aos usuarios e ensinando a discernir fontes fiables e contrastadas.

A mirada de Laura Wächter: imaxe e mensaxe

Para dar imaxe a esta xornada, o Ministerio de Cultura contou co talento da ilustradora Laura Wächter. A súa capacidade para transformar conceptos complexos en imaxes claras e suxestivas convértea na elección ideal. A súa obra, que xoga coa contraposición entre o suave e o áspero, reflicte, sen dúbida, a capacidade da biblioteca para ofrecer luz e claridade nunha contorna de ruído informativo, reforzando a idea do acceso ao coñecemento como ferramenta de empoderamento.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Graciñas por participar en biblioviva