Panel resumo do que significa un Club de Lectura. Os membros do noso Club escribiron a palabra que consideran máis acaída para definilo. Diversión, cambio, evasión, diversidade, luz... Non se pode definir mellor con tan poucas verbas.
Pois un ano máis aquí estamos dispostos a compartir historias ou... inventalas, como fixemos hoxe. Coa axuda do xogo "Érase unha vez..." creamos unha historia bastante acaída para estes días de Samaín, con sapos, bruxas, prisións e pozos.
Xa temos unha nova cita para o vindeiro mes para seguir debullando historias. Ti tamén podes ser parte da historia do Club, aínda estás a tempo de unirte!




Ningún comentario:
Publicar un comentario
Graciñas por participar en biblioviva