Pasado o ecuador da semana estamos moi satisfeitas da acollida do noso mercado, xa que tanto as rifas como a mercancía tiveron un éxito de ventas e estamos preto de alcanzar os 3000€ de recaudación! Marabilla!
Pasado o ecuador da semana estamos moi satisfeitas da acollida do noso mercado, xa que tanto as rifas como a mercancía tiveron un éxito de ventas e estamos preto de alcanzar os 3000€ de recaudación! Marabilla!
Quixemos elevar o nivel de esixencia lector abordando a obra de Han Kang, "A vexetariana", unha obra complexa e con moitos matices e que da lugar a diversas interpretacións.
O dossier preparado para a ocasión e sobre todo as galletas facilitaron moito a sesión e o debate. Temas como a discriminación, a comunicación, a violencia, a liberdade individual estiveron no centro da sesión.
Todo preparado para inaugurar o luns día 15 o noso Mercado Solidario de Nadal, organizado en colaboración coa sección da EOI de Culleredo. Poderás atopar libros, roupa e todo tipo de agasallos, moitos deles feitos a man ou elaborados no Espazo Maker da biblioteca do centro. Recorda que ten un fin solidario e que todo o recaudado será para o Banco de Alimentos Rías Altas
Onte tivo lugar o Chess Challenge, con gran éxito de participación e ilustres participantes.
As xogadoras convidadas (Jelena Kolar, WFM Graciela Redondo e Ángela Castiñeira) defenderon o reto con solvencia, e só Emilio, o noso campión local, foi quen de acadar unhas táboas moi meritorias!
Os participantes recibiron un agasallo a modo de recordatorio impreso no noso Espazo Maker .
Comezaron os cursos de formación para os nosos usuarios no manexo de impresoras 3D, o que permitirá ao profesorado e alumnado acreditado acceder ao espazo para facer as súas propias impresións para os seus proxectos persoais, ata 30 horas de uso.
Como cada curso, os grupos de 1º comezan a recibir as sesións de formación de usuarios na biblioteca, para coñecer os seus servizos e a organización dos seus fondos.
Un grupo de profesores do centro tivemos a oportunidade de coñecer en detalle a exposición organizada pola Fundación Barrié sobre a obra pictórica de Fernando Álvarez de Sotomayor.