17 de febreiro de 2025

Marilar Aleixandre visita o noso Club de Lectura

 Hoxe tivemos a sorte de recibir no noso Club de Lectura a Marilar Aleixandre, para comentar a súa obra As malas mulleres, ca que acadou o Premio Nacional de Narrativa.

Nós tiñamos todo preparado, cunha pequena guía para a conversa.









 A obra é rica en temáticas: a xustiza, o aborto, a pobreza, a memoria, as mulleres invisibilizadas e as pioneiras (como Concepción Arenal e Juana de Vega), o poder da literatura...

Unha novela coral, tanto polo contido como pola súa forma, con ese coro de mulleres, dando voz as esquecidas. 


Marilar contounos o proceso da escrita da obra durante os meses da pandemia e as dificultades para atopar documentación sobre as protagonistas da obra. Ensinounos algúns dos documentos achados en arquivos e bibliotecas e descubrimos máis, por exemplo, sobre Juana de Vega, inxustamente descoñecida para gran parte da cidadanía, en parte por ser muller.




 Como en cada sesión, novos libros saíron dos andeis cara a mesa, enchendo aínda máis o listado de lecturas apetecibles e pendentes.

Día da Paz na biblioteca

Quedáranos sen compartir a exposición polo Día da Paz na nosa biblioteca.






 



16 de febreiro de 2025

Comezamos co noso proxecto na Radio: Audiolibro de Cousas, de Castelao

 Pensamos que un xeito de celebrar o ano Castelao era empregar a nosa radio para gravar coa nosa comunidade educativa un audiolibro da súa obra Cousas.

 Estes días arrancamos as gravacións co alumnado do Ciclo de Eficiencia Enerxética, na Modalidade a Distancia. Aproveitamos que acudiron a unha clase presencial para recoller as súas voces, algunhas delas procedentes de lugares moi alonxados, coma Montevideo.

 





 Estamos impacientes por ver o resultado final!

Entrevistada de luxo na nosa Radio

 Tivemos a sorte de recibir a visita de María Landeira, Delegada de Desenvolvemento de Enerxías Renovables de Naturgy Renovables, dentro do programa de Mulleres Enerxéticas da I Olimpiada da Enerxía organizada pola Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía, da Universidade de Vigo.

O alumnado do Ciclo Superior de Enerxías Renovables non desaproveitou a ocasión para entrevistala na nosa Radio.


 Foi unha inmellorable ocasión para que as nosas alumnas do Ciclo atoparan un referente feminino na súa futura profesión. Un bo xeito de celebrar o Día da Muller e a Nena na Ciencia .



 

Formación na Radio

 Este mes de febreiro estamos facendo formación intensiva na Radio, tanto profesorado como alumnado. Tivemos de todo, formación externa con Laboratorio de Radio e uns intensivos cursos internos por parte dos responsables da nosa Radio.