11 de xuño de 2025

Letras Galegas

 Con case un mes de retraso publicamos por aquí a homenaxe as Cantareiras que se fixo no centro, grazas ao equipo de Dinamización da Lingua Galega, que botaron man dos recursos do noso Espazo Maker para facer unhas fachendosas pandeiretas.








Recomendacións de verán

 Este verán date un ben merecido premio cunha boa lectura. Recollemos a nosa selección de obras premiadas xunto con outras propostas lectoras, intentando recoller todos os gustos.




5 de xuño de 2025

Xadrez na biblioteca: Reto superado e novo campión

 Este ano apostamos por incorporar o xadrez as actividades da biblioteca grazas á incorporación ao equipo da biblioteca de profesorado aficionado.


 Foi unha actividade moi ben acollida desde o principio polo alumnado.




 A nosa idea era organizar un campionato intercentros, pero algúns imponderables fixeron que tivésemos que demorar a actividade, así que celebramos un mini campionato nestas últimas semanas.




 A final disputouse entre o profesor Pedro Rocha e Emilio, o conserxe da quenda de tarde.



 Aquí temos ao noso flamante campión, Emilio, recibindo un pequeno agasallo, un bono para consumir na cafetería do centro. Nas fotos aparece con outro dos nosos finalistas, Alex, da cafetería do centro.



 O ano que ven, máis e mellor! Comenzade a entrenar!

3 de xuño de 2025

Castelao nas nosas ondas


 

Xa temos listo o noso audiolibro de Cousas, en homenaxe a Castelao, polo 75º aniversario do seu pasamento.

Agradecemos ao noso alumnado que nos cederan as súas voces, cos seus singulares acentos, para dar vida a este fermoso proxecto, onde conseguimos aunar Radio, lingua galega, biblioteca e comunidade educativa.


2 de xuño de 2025

Roteiro literario por Portugal xunto co Club de Lectura do IES Blanco Amor

 Tiñamos pendente de compartir o roteiro por Portugal feito xunto ao Club de Lectura do IES Blanco Amor, para falar do clásico da literatura en lingua portuguesa A miña planta de laranxa lima, de Jose Mauro de Vasconcelos.

Resultou moi interesante visitar o Palacio da Breijoeira y facer unha visita guiada pola localidade de Tui, dúas localizacións tan próximas que comparten unha historia en común.