Para contrarrestar o peso que hoxe en día provoca o Black Friday, co seu consumismo desbocado, quixemos que o noso alumnado celebrase o Giving Tuesday, un día para a solidariedade.
Organizamos un almorzo solidario, onde profesorado e alumnado trouxeron doces elaborados coas súas mellores receitas e no recreo organizamos un posto de venda solidario. Resultou unha actividade moi gratificante, rodeada de propostas lectoras, cunha exposición organizada segundo o fío dun buffet literario, con obras de cociña tradicional (clásicos), novelas de Street Food (para devorar sen pausa), Cociña de Kilómetro Cero (obras galegas) e outras moitas propostas.
O recaudado cos doces e a ruleta solidaria irá íntegramente para o Banco de Alimentos Rías Altas.