9 de febreiro de 2026

Nova edición do curso de formación en impresión 3D


 

Dende a Biblioteca queremos relanzar o Curso Habilitante para Impresión 3D que permita a utilización das impresoras do Espazo Maker que temos aquí, de 2 horas.

Igual que na primeira ocasión, lanzaremos dúas modalidades: para profesorado e para alumnado, en datas diferentes e quendas de mañá ou de tarde, sempre limitado a 8 persoas por cada sesión.

O que queremos con este curso é abrir as impresoras do Espazo Maker a todo aquel que quera facer uso das mesmas. Así, unha vez rematado, estaredes rexistrados para nos levar un control de uso, xestionar filamentos, facer mantemento...etc. Se algún interesado/a xa ten formación en impresión 3D, ben porque fixo algún tipo de curso ou porque xa ten experiencia neste eido, contestade a este correo e vos rexistraremos.

O profesorado que fixo o curso do ano pasado ou a formación de decembro xa está rexistrado.

No caso do alumnado, o procedemento é similar, agás que limitaremos as horas de impresión a 30 h por alumno/a.
  • Profesorado: Venres 20/02.
    • Quenda de mañá: 13:00 - 15:00
    • Quenda de tarde: 15:30 - 17:30
  • Profesorado: Martes 24/02.
    • Quenda de mañá: 13:00 - 15:00
    • Inscrición  por orde de confirmación a este mesmo correo, indicando se queredes entrar na quenda de mañá (venres ou martes) ou de tarde (venres).
  • Alumnado: Venres 27/02
    • Quenda de mañá: 13:00 - 15:00
    • Quenda de tarde: 15:30 - 17:30
    • Inscrición por orde de chegada, a partir de hoxe luns 9, no formulario habilitado na biblioteca. Terá prioridade o alumnado de 2º curso, por ser o que remata antes a súa estadía no centro. Data límite: 20 de febreiro.

Continúan as sesións de formación de usuarios

 Este ano imos con algunha demora nas sesións de formación de usuarios, xa que as folgas de transportes e outras incidencias afectaron á nosa planificación. Pero nunca é tarde para descubrir a biblioteca e máis os seus fondos.