Queremos coñecer a túa opinión.
Cubre a enquisa sobre igualdade no traballo.
11 de marzo de 2016
8 de marzo de 2016
A muller e o traballo: Moito por percorrer no camiño da igualdade
Dentro dos actos para recordar o Día da Muller Traballadora que se conmemora hoxe, 8 de marzo, os grupos de 1º de Ciclos Formativos participarán nun debate o vindeiro xoves, día 17 de marzo, sobre as condicións laborais de homes e mulleres no sector da construción.
Para ambientar o tema facemos a suxestión de que vexades a película "Os
fenómenos", que tendes dispoñible na biblioteca.
Como adianto, o tráiler da película:
Tráiler de la película Los fenómenos, de... por elblogdecineespanol
Todos os grupos, xunto cos profesores de FOL, faremos un repaso da situación laboral nun sector tan castigado pola crise, e en particular, a situación da protagonista, unha muller nun traballo tradicionalmente considerado "cousa de homes".

Recordando o Día da Muller Traballadora
Neste día toca recordar a importancia da muller en todos os ámbitos e tratar de reivindicar a labor de moitas mulleres que quedaron no inxusto esquecemento.
Un exemplo: Cando se lembra á Xeración do 27, veñen á memoria nomes excepcionais do mundo das letras e as artes. Pintores, escritores, poetas, dramaturgos, que legaron á historia do noso país, obras inmortais. Pero foron soamente homes os que demostraron as súas magníficas capacidades artísticas? A resposta é contundente. Non. Xunto a nomes como Machado ou Dalí, Gil Roësset, Zambrano ou Chambourcín, foron figuras destacadas daquela Xeración que ao ser rescatada despois da ditadura, esqueceuse inxustamente das figuras femininas. "As Sinsombrero" rescata do esquecemento a unhas mulleres que conviviron coas grandes figuras da Xeración do 27. Mulleres que non foron simplemente as súas compañeiras, as súas esposas ou as súas amigas. Foron moito máis. Foron artistas que se situaron á mesma altura que eles. E eles admiráronas. Aínda que non sempre lles deron o recoñecemento público que se mereceron.
As mulleres que conforman As Sinsombrero son pintoras como Margarita Manso, Maruja Mallo ou Ángeles Santos; escultoras como Marga Gil Roësset; escritoras da talla da filósofa María Zambrano ou María Teresa León; poetas que crearon fermosos versos, como Rosa Chacel ou Ernestina de Champourcín.
Otros recursos:
Bocas seladas. (IES Xoán Montes-Lugo)
24 de febreiro de 2016
Overbooking nos English Coffee
Esta semana comezaron as sesións de English Coffee na Aula de Traballo Colaborativo. Tivemos moitos profes e alumnos interesados en mellorar a súa competencia lingüística en inglés. Ademais pasamos un rato entretido descubrindo as aficións de cada un de nós.
Outro xeito de estar na biblioteca!
Outro xeito de estar na biblioteca!
20 de febreiro de 2016
Lucía Aldao e María Lado encheron de versos, música e humor a biblioteca
Para celebrar este "Febreiro de amor e versos", o pasado xoves, día 18, tivemos o pracer de contar coa presenza de Lucia Aldao e María Lado na Laboral.
Houbo tempo para reivindicar o uso do pronome átono, de cociñar uns versos de vinganza amorosa, de gozar todos xuntos facendo poesía improvisada ou cantando un fermoso fado.
Quen dixo que a poesía non está de moda?
Podedes ver o ben que o pasamos nestas imaxes e vídeos

Amor vincit omnia
Para recordar que este mes de febreiro adicámolo ao amor, os alumnos latín e grego de 2º de Bacharelato leron na biblioteca uns poemas de temática amorosa de distintos autores clásicos de Grecia e Roma (Horacio, Catulo, Safo, Arquíloco). Aínda que os poetas elexidos están lonxe no tempo (dende o século VII a.C ata o século I) resultáronlles moi cercanos aos alumnos, que comprenderon que o sentimento amoroso expresado nestes poemas é atemporal.
Deixamos unhas imaxes e tamén algún vídeo para que comprobedes por vós mesmos a actualidade destes versos
Deixamos unhas imaxes e tamén algún vídeo para que comprobedes por vós mesmos a actualidade destes versos
17 de febreiro de 2016
Comezo dos "English Coffee" na biblioteca
Xa temos organizadas as sesións de conversa en inglés. Se queres participar non tes máis que pasarte pola aula de traballo colaborativo e unirte ao grupo.
Este é o horario provisional. A reunión de presentación será o martes, día 23, no recreo das 12:10. Anímate a participar!!
Este é o horario provisional. A reunión de presentación será o martes, día 23, no recreo das 12:10. Anímate a participar!!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)