Con motivo do Día Mundial do Libro, Pedro Feijoo agasalla ás Bibliotecas Escolares de Galicia un fermoso texto, "Os libros son para valentes".
Todos os que participen o luns 25 de abril no Día do Libro Solidario aportando un litro de leite recibirán xunto ao libro elixido o díptico co texto de Pedro Feijoo. E recordade que "Para todos hai un libro. Ou dez. Ou mil. Outra cousa é que esteamos dispostos a abrilos. Que me decides, valentes, atrevédesvos?
24 de abril de 2016
21 de abril de 2016
Xa temos o Boletín nº 2
Xa podes ler o novo Boletín, con todas as novidades no centro, recomendacións, entrevistas e as fotos dos grupos de Ciclos que remataron a súa formación no centro.
19 de abril de 2016
Proxecto Global Goals. Colaborando coa Operación Pangono Pangono no Día do Libro Solidario
Como sabedes, varios profesores do centro están intentando levar adiante un proxecto solidario en Malawi
Foron eles os primeiros que nos falaron dos obxectivos Global Goals
Pica na imaxe para obter mais información
Dende a biblioteca queremos convidar á comunidade educativa para traballar para o logro destes obxectivos.
Coa actividade do Día do Libro Solidario consideramos que damos visibilidade aos seguintes:
1. Colaboración co Banco de Alimentos Rías Altas na recollida de leite
2. Colaboración coa Operación Pangono Pangono, recordando o seu proxecto de sistema de bombeo solar para Chezi (Malawi)

3. Promover alianzas da sociedade civil para o logro das metas (Biblioteca ULaboral, Operación Pangono Pangono, Banco de Alimentos Rías Altas)
Día do Libro Solidario
Para celebrar o Día do Libro decidimos compartir coa comunidade educativa un lote de libros que expurgamos da nosa antiga biblioteca. Trátase de libros que non tiñan demanda na nova biblioteca ou estaban comezando unha fase de deterioro dadas as malas condicións térmicas do antigo local (onde continúan a estar gran parte dos fondos).
Aproveitamos para facer unha acción solidaria, intercambiando un litro de leite para o banco de alimentos Rías Altas por cada libro.
14 de abril de 2016
Novas recomendacions lectoras
Xa temos no forno o novo Boletín da Laboral. Nos vindeiros días poderás coñecer as novidades no centro.
Nas súas páxinas atoparás información sobre as actividades da biblioteca. Destacamos moitas recomendacións que o equipo da biblioteca recolleu entre profesorado e alumnado, tanto en inglés como en francés, castelá e galego. Aquí tes un adianto

6 de abril de 2016
Ampliamos o noso horario!!
Durante o terceiro trimestre poderás utilizar tódolos servizos da biblioteca en todo o horario lectivo da mañá. Tamén atoparás a biblioteca aberta polas tardes.
Compartimos o novo horario
Compartimos o novo horario
17 de marzo de 2016
Igualdade e condicións laborais: Debate aberto
Unha vez finalizados os exames, decidimos adicar a mañá de hoxe a debater sobre a situación da muller no ámbito laboral e en xeral, sobre as condicións de traballo, que certamente se endureceron coa crise. Moitos dos alumnos de 1º de Ciclos Formativos, xunto cos seus profesores de FOL, participaron nunha reflexión utilizando un cuestionario-guión para analizar varias escenas da película "Os Fenómenos", que con anterioridade se lles pediu aos alumnos que visionaran, xa que está ao seu dispor na biblioteca.
Tamén tivemos tempo de analizar os resultados da enquisa de igualdade que fixéramos no noso blog, e debatemos sobre as cuestións mais chamativas
Para rematar, quixemos "pagar" a colaboración dos alumnos de xeito similar ao Sr. Barreiro, o patrón na película, que ofrecía un cacho de empanada aos traballadores que traballaran como uns "fenómenos".

Subscribirse a:
Publicacións (Atom)