17 de febreiro de 2020

Os ODS e as artes inspiran as nosas reivindicacións

Pensamos que calquera circunstancia, incluso as máis negativas, pode servir para traballar contidos e valores.

Á hora de defender a nosa singularidad, reivindicando a permanencia de todas as ensinanzas que se imparten actualmente no centro, consideramos que era unha boa ocasión para combinar arte e os obxectivos da Axenda 2030.

Deste xeito, estamos a facer "perfomance" inspiradas en grandes obras da pintura, escenas de película, carátulas de discos...

Recollemos as feitas ata agora, pero seguiremos!









O voluntariado da biblioteca cos ODS

O alumnado que participa no programa de voluntariado está a desenvolver unha serie de accións para difundir a Axenda 2030 entre a nosa comunidade educativa.

Este é o primeiro dos vídeos elaborados autonomamente pola súa propia iniciativa nos que destacan algúns dos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable.

A biblioteca, un viveiro de cidadáns comprometidos e responsables.


11 de febreiro de 2020

Encontro con Ledicia Costas

Hoxe tivemos un encontro de luxo cunha das autoras máis lidas en lingua galega, Ledicia Costas. A invitación xurdiu a través do noso Club de Lectura, cuxa última proposta lectora foi Infamia, a primeira novela para adultos da autora.



O alumnado de Bacharelato e os membros do Club tiveron ocasión de coñecer que inspirou a autora para escribir esta obra, cales foron as dificultades que atopou para non caer no morbo ao escribir sobre temas tan delicados e onde está Merlo, o pobo escenario da novela, que resultou ser Beade.






Houbo tempo para falar de literatura, de música, de curiosas visitas a cemiterios.



Para rematar o noso Club posou xunto a Ledicia.


Grazas por compartir tantas cousas con nós! Esperamos xa un novo encontro onde comentar unha nova obra.




30 de xaneiro de 2020

Día da Ilustración. Coñeceremos á autora do cartaz deste ano

Coincidindo coa data de nacemento de Castelao cada 30 de xaneiro celébrase o Día da Ilustración. Ademáis de reivindicar o papel dos profesionais da ilustración na industria cultura galega, serva para homenaxear un autor ou autora da ilustración galega. A persoa homenaxeada este ano é o ilustrador ourensán Cándido Fernández Mazas.


 Resultado de imagen de día de la ilustración candido mazas

Para máis información sobre o autor podedes visitar o sitio web do Día da Ilustración:

https://www.diadailustracion.gal/

O cartaz deste ano é obra de Xulia Pisón.


Pronto teremos ocasión de coñecer a Xulia xa que visitará o noso centro para falar da visión da muller na historia da banda deseñada e impartirá un obradoiro de iniciación ao cómic. Desexando que chegue o día!

29 de xaneiro de 2020

Noites de cine

Neste tempo de inverno apetece sofá, manta e... película.

Aquí tes unha escolma de novidades na nosa sección de cine, pero temos moitas máis, case tantas coma Netflix. Sen dúbida, o noso catálogo ten máis calidade:)


28 de xaneiro de 2020

Soul e literatura. A descuberta da música negra






Día máxico na biblioteca coa visita de Black que permitiu ao noso alumnado gozar con grandes clásicos do soul e da música negra. Pero existe realmente unha música negra?





Os intérpretes fixeron un paseo entre varias obras literarias nas que a música ten protagonismo e trouxeron á biblioteca esas cancións recién nomeadas. Un recorrido marabilloso por grandes clásicos (Aretha Franklin, Billie Holliday, Ray Charles ou Amy Winehouse).

Unha pequena mostra do que disfrutamos esta mañá:














27 de xaneiro de 2020

A néboa de Infamia encheu o noso Club






Aforo completo no noso Club para comentar Infamia. Todos tiñan ganas de falar da lectura e das sensacións tan intensas xeradas pola obra de Ledicia Costas. Algúns recoñeceron que tiveron que deixar por momentos a lectura pola súa dureza, pero que ao mesmo tempo, sentíanse atrapados polo que alí se narraba.



Moito que comentar con Ledicia Costas cando nos visite o vindeiro día 11 de febreiro. 
Desexando escoitala!


Tamén, claro, xa temos as novas propostas para o mes de febreiro, con algunha sorpresa engadida!