25 de outubro de 2021

Máis sesións de formación de usuarios

 Temos tanto alumnado novo no centro que precisamos facer moitas sesións para que todos teñan a oportunidade de coñecer os nosos fondos e de apuntarse para participar nas actividades que pouco a pouco se van programando. 






O noso reto era que todos recibiran a formación para poder celebrar xuntos o Día da Biblioteca e conseguímolo!

Formación de usuarios: todos preparados para gozar da biblioteca no seu día

 Durante o última semana pasaron pola biblioteca todos os grupos de alumnado de 1º curso dos diferentes Ciclos Formativos e os de Formación Básica para facer a formación de usuarios e coñecer como desenvolverse na biblioteca. O protocolo COVID non nos permite facer todas as actividades que nos gustaría pero non renunciamos a que os nosos alumnos e alumnas coñezan os nosos fondos e participen de todas las actividades que se poidan ir facendo. 










Celebramos o Día das Bibliotecas cunha intensa actividade

 Pensamos que non hai mellor xeito de celebrar o Día das Bibliotecas que enchela de usuarios. A nosa biblioteca tivo hoxe unha actividade "intensa", xa que o alumnado de FP Básica suou para resolver o enigma proposto a modo de "Scape Room" para coñecer os xéneros literarios.











Como non podería ser doutro xeito conseguiron atopar todas as respostas correctas e acadar o premio. A biblioteca da testemuña!

18 de outubro de 2021

Celebramos o Día das Escritoras

 Inauguramos as nosas exposicións enchendo os andeis de mulleres e a súa obra. Temos para escoller: poesía, narrativa, ensaio... Mulleres diversas con ópticas femininas.












11 de xuño de 2021

Recollemos o premio á Innovación Educativa!!

Onte recollemos o premio á Innovación Educativa no Salón de Plenos con Concello da Coruña. Fomos premiados por FEAE Galicia á Innovación Educativa polo proxecto levado a cabo na FP básica "Axenda 2030: construíndo un novo mundo".  A entrega do premio foi por parte do concelleiro de Educación e pola presidenta de FEAE e entre os membros do xurado estaban personalidades importantes do CSIC. Falamos e compartimos intres educativos con outros centros.











8 de xuño de 2021

Seguimos odeseándonos

Seguimos coa campaña de "Odeséate" para seguir a traballar coa Axenda 2030 desde a biblioteca, esta semana cubrimos a nosa mesa altar  de exposicións cos ODS, este foi o resultado:






7 de xuño de 2021

Concerto Black Galicia

O alumnado de CS de Actividades físicas e deportivas e os de CM de Electricidade e Electrónica asistiron ao concerto de Black Galicia e ao seu espectáculo "Voces de muller", un canto ao feminismo e unha homenaxe ás voces negras de mulleres que tiveron que loitar por facerse un oco no panorama musical. Escoitamos versións de Amy  Winehouse, Aretha Franklin, Nina Simone e Alicia Keys entre outras introducidas por unhas verbas que nos recordaron o calvario polo que tiveron que pasar para poder triunfar na música, en moitos casos polo feito de ser mulleres e negras ou por sufrir malos tratos por parte das súas parellas. O escenario foi no exterior para poder cumprir co protocolo Covid e o tempo axudou para poder bailar ao ritmo do soul.