4 de xuño de 2015

Chega o verán: prepara as túas lecturas

Chegou o bo tempo e xa estamos todos pensando nas vacacións. Por diante, tempo para gozar do sol, do descanso... e das lecturas, por suposto.

Aí van as suxestións da biblioteca. Atoparedes un pouquiño de todo...




21 de maio de 2015

Gústache o cine?

Como sabemos que a túa resposta é positiva, na biblioteca fixemos unha clasificación das pelis que temos, cunha banda de cor indicativa da súa temática, para que che resulte mais doado atopar o que buscas.


Esperamos que che sexa útil
























Aquí tes unha pequena selección de películas que podes atopar na biblioteca


14 de maio de 2015

Día das Letras Galegas na Laboral

Hoxe celebramos no centro a Festa das Letras Galegas.

Tivemos tempo para escoitar a nosa música tradicional,


 música clásica,


música popular galega,



recordar algún dos autores homenaxeados outros anos e os seus versos,


desfrutar vendo os malabares dos alumnos do Ciclo Superior de Animación Física e Deportiva




e a súa coreografía final





Por suposto, tamén houbo entrega de premios dos concursos promovidos polo EDLG e a biblioteca


En definitiva, unha festa onde quedou claro que todos sumamos na defensa da nosa lingua.


5 de maio de 2015

Xosé Filgueira Valverde: O investigador

Xa estamos preto do Día das Letras Galegas, que celebraremos no centro o xoves día 14.

Desde a Biblioteca propoñémosvos investigar un pouco sobre Xosé Filgueira Valverde,  que é o autor homenaxeado este ano.



 https://docs.google.com/forms/d/1IdyV5iOg05qqbPT7jpmQGuvBBe3HPctQCILGgVDlCD0/viewform?c=0&w=1&usp=mail_form_link


Xunto co Departamento de Lingua Galega elaboramos este cuestionario de 10 preguntas.

 Se respostas correctamente a 7 ou mais recibirás unha camiseta do 50 aniversario de A Laboral. Entre os que atopen todas as respostas sortearemos "cheques" para consumir no Restaurante Galipizza





O formulario podes completalo on line premendo na imaxe de X. Filgueira ou solicitalo impreso na biblioteca ou a teu/túa profesor/a de Lingua Galega. Recorda: tes ata o día 13 para resolvelo!!

1 de maio de 2015

Visitando a exposición de Matemáticas e Cine

Os alumnos de Bacharelato visitaron a exposición de matemáticas e cine e trataron de atopar as respostas ao preguntoiro. Descubriron moitas cousas que non sabían!! Entre elas as moitas películas que teñen as matemáticas por protagonista






28 de abril de 2015

Gañadores concurso Día do Libro

Xa temos gañadores dos concursos de deseño de portadas "Recoméndoche" e o do selfie "E ti que les?".

A gañadora do deseño de portadas é Uxía Caridad Varela, de 1º de Bacharelato E,  que nos recomenda o libro de Laura Gallego "Dos velas para el diablo".

Aquí tedes o seu traballo, xunto con outros partícipes no concurso


O gañador do concurso de selfie é Brais Patiño Chao, de 1º de CS de Mantemento de Instalacións Térmicas, co libro "Zombi. Guía de Supervivencia", de Max Brooks