21 de xaneiro de 2019

Seguimos falando de "Os nenos da varíola" no Club de Lectura

Nova reunión do Club para comentar a lectura do libro de María Solar e tamén a charla que une Literatura e Ciencia que se celebrou a semana pasada no Salón de Actos.



Moi interesante a reflexión de como se conta a historia segundo os pobos que a protagonizan, como uns episodios son esquecidos ou pouco valorados, mentres outros paises reivindicar moito mellor a súa historia.





Tamén aproveitamos para repartir as novas libretas da Asesoría e propoñer a nova lectura, para preparar a visita de Alejandro Palomas o vindeiro mes de febreiro



16 de xaneiro de 2019

María Solar trouxo "Os nenos da varíola" á Laboral

Hoxe tivemos ocasión de compartir, grazas á Editorial Galaxia, unha charla con María Solar na que combinamos literatura e ciencia. María acudiu acompañada de Luisa Martínez Lorenzo (Responsable da Unidade de Cultura Científica do CSIC en Galicia) e de Marta López Cabo (do Departamento de Microbioloxía e Tecnoloxía de Produtos Marinos).

 "Os nenos da varíola" é unha obra tan trasversal que permite falar de vacinas, historia, o papel das mulleres... Tamén provoca debates éticos sobre a utilización dos nenos nesta xesta ou a posible utilización de armas biolóxicas nunha futura guerra. Coma se fósemos un comité votamos asambleariamente se pagaría a pena destruir os virus que permanecen almacenados nalgún lugar de EEUU e Rusia. Mete medo pensar en mans de quen andan custodiados materiais tan sensibles!

O luns seguiremos comentando esta obra na sesión do Club de Lectura









17 de decembro de 2018

O Club de Lectura celebra o Nadal

Unha nova lectura, moito debate, uns doces, un café, moitas risas... non se pode pedir máis. Hoxe tocaba falar de "Kafka y la muñeca viajera", de Jordi Sierra i Fabra.


A obra gustou case a todos e ademáis serviu para reivindicar a figura de Kafka e a súa producción literaria.


Pero estamos en tempo de Nadal e é tan bonito agasallar...






Os alumnos quedaron encantados coas súas chapas de #EuSonDesteClub, coas camisetas e coas tazas de #leeydejaleer de @loenlasnubes.

Desta volta foi doado escoller a nova lectura xa que en xaneiro esperamos a visita de María Solar e varias científicas do CSIC que nos falarán de "Os nenos da variola".



Felices Lecturas polo Nadal!


O equipo da Biblioteca fixo unha escolma de lecturas recomendadas para este tempo de vacacións, para aproveitar o tempo frío ao carón dun bo libro e algo quentiño.

Aproveitamos tamén para desexarvos un BO NADAL!! Vémonos no 2019 pola Biblioteca!




12 de decembro de 2018

Renovamos os nosos fondos: Botade unha ollada!

Xa temos catalogadas as moitas novidades que mercamos este  trimestre grazas aos fondos procedentes do PLAMBE (Plan de Mellora das Bibliotecas Escolares).

Atoparedes as suxestións dos departamentos para os seus itinerarios lectores e as súas respectivas propostas de lecturas obrigatorias e voluntarias. Tamén renovamos moitos libros técnicos para as diferentes familias profesionais do centro.



Aquí tedes unha mostra dalgunha das novidades




Para saber máis, xa sabedes, visitade o noso blogue de Lecturas na Laboral e alí atoparedes unha breve recensión de cada un deles. Picade na imaxe!


27 de novembro de 2018

Operacion Pangono Pangono alumea Malawi e a biblioteca

Moito agradecemos aos compañeiros de Operación Pangono Pangono, Ricardo, Jesús e Fernando que viñeran hoxe a compartir a súa experiencia en Malawi con nós.

Eles están a desenvolver o proxecto #AlumeaMalawi, para garantir o suministro de luz eléctrica en Chezi. Para iso están instalando paneis fotovoltaicos que permiten o funcionamento sen interrupcións das bombas de auga no orfanato.











 Foi unha oportunidade para reflexionar sobre as cousas que verdadeiramente importan, lonxe de compras absurdas e descontroladas promovidas por intereses comerciais de grandes multinacionais. Desde a biblioteca reivindicamos o #GivingTuesday e as pequeñas accións que poden cambiar o mundo. Todo depende de nós e do noso compromiso coma sociedade.