Para facilitar a localización de fondos escritos en lingua orixinal, decidimos identificar os textos que posuímos en lingua francesa, inglesa e portuguesa. Optamos por situar unha bandeira do idioma de orixe do texto.
Esperamos que sexa de utilidade para os nosos usuarios!
5 de novembro de 2019
2 de novembro de 2019
Novas revistas polo magosto
Xa temos as novidades no revisteiro da biblioteca. Desta volta, mulleres, deportes, emprendemento e cine ocupan os nosos andeis de lectura.
29 de outubro de 2019
Primeira sesión de formación de usuarios
Como cada ano, comezamos as nosas sesións de formación de usuarios para todo o alumnado de 1º de Bacharelato e Ciclos Formativos. Hoxe tocoulles a quenda aos alumnos e alumnas dos Ciclos Superiores de Eficiencia Enerxética e Enerxía Solar Térmica e de Ensinanza e Animación Sociodeportiva.
Coñeceron os servizos que presta a biblioteca e a organización dos seus fondos.
Coñeceron os servizos que presta a biblioteca e a organización dos seus fondos.
28 de outubro de 2019
Enchemos a biblioteca falando de libros!
Colocamos as cadeiras na sala,
Fixemos o café,
Seleccionamos algúns fondos relacionados coa lectura proposta
E preparámonos para coñecer aos novos membros do Club.
Do que escoitamos parece que acollemos un grupo de grandes lectores. Vai ser un gran ano!
Para o vindeiro día toca facer varios grupos para compartir mellor todo o que que temos que dicir, que é moito e bo. Marabilla!
24 de outubro de 2019
Biblioteca, viveiro de cidadanía
Hoxe, 24 de outubro, Día das Bibliotecas é bo momento para lembrar que a biblioteca será sempre un espazo para compartir, falar, opinar, reflexionar, ler e descubrir. Espazo de igualdade e liberdade. Espazo onde exercer o noso papel de cidadáns responsables e comprometidos.
Deixamos aquí unha pequena mostra de textos que nos axudarán a pensar que modelo de sociedade queremos construír.
22 de outubro de 2019
Os ODS e o cine
Hoxe seleccionamos algunhas das películas que temos na biblioteca que se poden relacionar con algúns dos Obxectivos para o Desenvolvemento Sustentable. O cine é unha ferramenta ideal para o debate e a reflexión cara a construir un mundo mellor.
Novidades nos nosos andeis
Estamos continuamente mercando novos fondos para a nosa biblioteca. Aquí tes unha escolma das últimas adquisicións. Atopas novas obras para o noso andel de Xénero e Igualdade. Tamén literatura xuvenil e divulgación científica.
Xa sabes que tes unha pequena recensión de cada un deles no noso blog Lecturas na laboral. Pica na imaxe para ver máis.
Xa sabes que tes unha pequena recensión de cada un deles no noso blog Lecturas na laboral. Pica na imaxe para ver máis.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)





























