Seguimos de compras e recomendándovos lecturas.
Destacamos hoxe todas as novidades para ler en galego.
Seguimos de compras e recomendándovos lecturas.
Destacamos hoxe todas as novidades para ler en galego.
Hoxe conmemoramos o Día do Inventor, coincidindo coa data de nacemento de Hedy Lamarr, recoñecida durante moito tempo só na súa faceta de actriz, pese aos seus logros no eido da informática. Foi a precursora do GPS e do sistema WIFI. Coma tantas outras mulleres os seus méritos quedaron esquecidos polos prexuízos machistas. Este pode ser un bo momento para reivindicar a súa figura e a de outras pioneiras que sufriron a discriminación e incluso a apropiación das súas ideas por parte dos seus colegas varóns.
Bótalle un ollo a Valerosas, de Pénélope Bagieu, onde atoparás a súa historia e a doutras moitas mulleres que foron sempre a contracorrente.
Tamén temos moitos outros fondos que axudan a coñecer o papel das mulleres na ciencia e en xeral en todos os ámbitos da sociedade.
Están a chegar moitas novidades á nosa biblioteca. Bota un ollo! Hai para todos os gustos.
Consulta periódicamente o noso blog lecturas na laboral; alí atoparás sempre as últimas adquisicións de fondos para a biblioteca.
Tamén podes consultar na web do centro o noso catálogo na rede Meiga.
A axenda 2030 segue a estar moi presente no noso centro e así na Laboral procuramos rachar coa fenda dixital. Neste tempo de pandemia é especialmente importante que todos e todas teñamos acceso aos medios e recursos dixitais para que a igualdade de oportunidades sexa real.
Por iso, se tes algún portátil que funcione e non uses por obsoleto e queres facer unha cesión á Universidade Laboral de Culleredo, o alumnado de 1º CS de mantemento electrónico estará encantado de reacondicionalo para poder prestarllo a aquel alumnado que o precise. Este curso é máis necesario ca nunca.
Estas datas son especialmente propicias para recordar as contos tradicionais que sempre escoitamos na nosa familia. Aproveitamos a oportunidade de compartir co noso alumnado de FP Básica as historias de tradición oral dos seus respectivos países de orixe: Colombia, Santo Domingo, Alemaña, Brasil...
Coidado coa Santa Compaña! Non sabemos se cumprirá as normas de confinamento!
O máis aconsellable é que busques un bo amuleto da sorte. Que tal se escolles algo da nosa exposición? Temos lecturas de medo e de terror para esquecer estes días tan escuros que nos tocan vivir en primeira persoa.
Para traballar a proposta da UNESCO e celebrar a semana AMI propuxemos montar un programa de televisión no módulo de Comunicación e Sociedade cos alumnos de 1º e 2º de FPB. Tratouse de facer un programa de entretemento cheo de humor, pero sen deixar de coñecer os principais xéneros periodísticos informativos. Elaboramos noticias, reportaxes, fixemos entrevistas a personaxes inventados e reais e sempre desde un punto de vista irónico e humorístico, co fin de reflexionar sobre o tratamento da información nos medios televisivos e facendo unha parodia sobre a desinformación coa que vivimos nos tempos de hoxe.
Cada grupo puxo en marcha o seu particular programa:
Para celebrar o Día das Bibliotecas decidimos rescatar a nosa exposición "Volta ao mundo en 80 libros". Aproveitamos que o lema das bibliotecas escolares de Galicia é este ano "Xeografías lectoras" para recomendar lecturas que nos levan a viaxar polos cinco continentes, agora que as viaxes só poden ser virtuais e coa imaxinación.
Os libros son os instrumentos idóneos para chegar tan lonxe coma as súas páxinas nos permiten; son as ferramentas máis eficaces para coñecer outras ideas, descubrir novos horizontes e interpretar o mundo de xeito crítico e consciente.
Comenza a túa viaxe e nunca deixes de asomarte a novas lecturas, a novos mundos.