23 de abril de 2021

Semana do Libro

Esta semana tivemos varias actividades para conmemorar o Día do Libro. Xa durante todo o mes de Abril tivemos na nosa biblioteca unha exposición dedicada a Shakespeare que fixemos en colaboración co departamento de inglés. Esta exposición foi ademais o telón de fondo para varias actividades. Lucía, unha das profes de inglés, nos explicou como vivía o escritor inglés na súa época contándonos moitas curiosidades e explicándonos unha gran cantidade de obxectos do século XVI, falamos da influenza de Shakespeare no cine actual e tamén nas series que podemos ver hoxe en día en plataformas televisivas. Finalmente, a actividade rematou cunha grandiosa interpretación en inglés do monólogo da famosa obra de Hamlet. 











Desde a biblioteca tamén propuxemos crear un Book Face con libros de mulleres escritoras para adicarlles a elas este día e seguir así co Proxecto de Igualdade. Para iso deixamos varios exemplares na exposición, para que alumnos e profesores pasasen a sacar a súa foto. Deixamos algunha foto e o enlace á curta do book face do profesorado:








Por último, esta mesma mañá fixemos cos alumnos e alumnas de 1º de FP básica unha xincana literaria e un escape room que levou por título "Camiñando con Don Quijote", unha vez máis a gamificación nos axudou a que o noso alumnado coñecese de primeira man cousas da nosa obra mestra.









FELIZ DÍA DO LIBRO!!





Ningún comentario:

Publicar un comentario

Graciñas por participar en biblioviva