Non poidemos inaugurar de mellor xeito o noso novo Espazo Maker que acollendo aos usuarios de Aspace, destinatarios do traballo que se está desenvolvendo dentro do programa Talentos Inclusivos.
O reto consiste en deseñar uns pulsadores que poidan ser útiles no
día a día de persoas con parálise cerebral. O alumnado de FPBásica de
Electricidade e Electrónica son os encargados de realizar a tarefa.
O mellor xeito de coñecer as necesidades dos usuarios é escoitar de primeira man as súas dificultades.
Primeiro os participantes na actividade compartiron experiencias no espazo Maker.
A continuación pasamos a escoitar algúns dos retos diarios aos que se teñen que enfrentar as persoas con esta secuela cerebral. Entre o auditorio estaban tamén os alumnos e alumnas do Ciclo de Ensinanza e Animación Socio-Deportivas que teñen un módulo de Actividades Fisiodeportivas para a Inclusión Social, que xa traballan semanalmente con outros usuarios con discapacidade, da entidade Aspadisol.
Grazas pola visita. Aprendemos moitas cousas de valor!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Graciñas por participar en biblioviva