24 de outubro de 2024

Día das Bibliotecas: Por un futuro sostible

 

 


 

 O lema deste ano, escollido por A Dirección Xeral do Libro, do Cómic e da Lectura,"Por un futuro sostible", pretende destacar o papel fundamental que desempeñamos todas as bibliotecas na consecución dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible da Axenda 2030.


    A través das nosas coleccións, servizos e actividades con usuarios, as bibliotecas contribuímos a construír unha sociedade cada vez mellor informada, máis igualitaria, solidaria e xusta, plenamente consciente da necesidade de levar un modo de vida sostible como compromiso coas xeracións futuras.


    Máis aló dos ODS relacionados coa Cultura e o Coñecemento aos que claramente contribuímos as bibliotecas, tamén fomentamos a educación de calidade, a igualdade de xénero, a consolidación de institucións máis democráticas, a difusión de información veraz, a redución da pobreza, o coidado do medio ambiente…


 




    Como institucións democráticas, as bibliotecas somos espazos accesibles abertos á participación da cidadanía, que busca nelas un lugar de encontro, de intercambio de opinións e coñecemento, de posta en marcha de novas ideas e proxectos, sendo especialmente relevantes en zonas rurais e/ou pouco poboadas.

Procuramos a educación en valores para a formación de cidadáns comprometidos, críticos e responsables, que constrúan sociedades máis xustas.

 




    Igualmente, as bibliotecas contribuímos á redución da fenda dixital, proporcionando acceso ás novas tecnoloxías e formación en competencias dixitais para persoas de todas as idades e contextos, en liña coa Estratexia España Dixital 2026 e os obxectivos da Década Dixital de Europa.

 

Como non podía ser de outro xeito deixamos as nosas recomendacións lectoras relacionadas coa Axenda 2030.


 

Feliz Día das Bibliotecas!

 


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Graciñas por participar en biblioviva