9 de marzo de 2026

8M na Biblioteca

 Mans a obra para conmemorar o 8M!

O alumnado do Ciclo Superior de Prevención de Riscos Profesionais confeccionou as súas propias chapas, deseñadas por eles mesmos para participar no concurso organizado pola empresa Resonac con motivo da Resonac Women's Week. Os gañadores foron María e Brais, que foron agasallados cun suadoiro co seu deseño e uns libros para  engrosar os andeis de fondos de igualdade da nosa biblioteca.


 


Pero para nós, todas merecían un premio e ser lucidas nas nosas solapas.









Tamén enchemos a biblio co logo da actividade organizada este ano, Mulleres Raices, a nosa homenaxe ás que viñeron abrindo camiño. 



Completamos a mañá recoñecendo o papel de moitas mulleres referentes en distintos ámbitos.

 

 











 Por suposto, Rosalía luce tamén fachendosa a chapa conmemorativa. Faltaría máis!






8 de marzo de 2026

Mulleres Raíz, a nosa homenaxe polo 8M

 Mulleres Raíz e a nosa homenaxe as que viñeron diante para conmemorar o 8M.


As avoas son memoria viva e forza silenciosa. Coas súas mans tecen historias, coidan, ensinan e sosteñen familias enteiras. Son exemplo de resistencia, sabedoría e amor incondicional. En "Mulleres Raíz" celebramos os seu legado, porque grazas a elas medran e florecen as novas xeracións.
 
 

 

4 de marzo de 2026

Mulleres Colleiteiras, un exemplo real para o 8M

 Hoxe, da man de Susana Pérez Crespo e Taller de Solidaridad, tivemos ocasión de compartir unha charla con Sofía Vázquez Manzano, unha das cooperativistas de Mulleres Colleiteiras.


 Coñecimos a historia de Sofía grazas a exposición que engalanou a entrada ao centro fai uns meses.  Agora escoitamos en directo a forza da súa voz e a súa traxectoria vital: muller, xitana, vulnerable, cunha vida chea de dificultades, que encontrou no emprendemento o camiño para unha vida mellor.



 O seu proxecto empresarial, Mulleres Colleiteiras, consiste en recoller aceite usado para a súa reciclaxe e aproveitamento posterior para outros usos. 

Nunha hora Sofía puxo en valor a educación, a igualdade, a non discriminación, o respeto ao medio ambiente, cun discurso que deixou unha fonda pegada entre todos os que tivemos a sorte de escoitala.

Canto valor pode haber detrás dun obxecto tan simple como os funiles con que nos agasallou! 

 

O mellor xeito de visibilizar o 8M é con exemplos de vida como o de Sofía. Grazas por ser un referente!
 

26 de febreiro de 2026

English Conversation: if you want, you can

 

 Na biblioteca estamos convencidas que dar oportunidades para mellorar a competencia linguística é unha das nosas funcións, máis se pensamos que tanto alumnado como profesorado teñen que desenvolverse en un mundo globalizado e tecnificado.

 

 


As posibilidades de practicar inglés para o profesorado acaban de ser ampliadas:


 

25 de febreiro de 2026

O Club de Lectura viaxa xunto "Os Caravanistas"

 Este mes quixemos cambiar de rexistro, deixar o drama e pasarnos a unha obra máis humorística, aínda que non exenta de crítica social, Os Caravanistas, de Elizabeth von Arnim. A obra pon en boca do protagonista todos os estereotipos de xénero e descubrimos como as mulleres foron conquistando unha nova posición, máis xusta. 

 






A nosa mesa, chea de títulos como "Os homes explícanme cousas", de Rebecca Solnit e outras lecturas sobre feminismo e igualdade.
 


A sobremesa, ambientada no Entroido.



Ensinando a pensar críticamente no século XXI

 Este ano volvemos convidar a Manuel F. Herrador, profesor da UDC e divulgador, para que nos axudase a distinguir as fontes de información fiables dos bulos e intoxicacións informativas.




Falamos dos sesgos, experimentamos ao vivo como so vemos o que queren que vexamos cun xogo audivisual moi interesante.

Unha charla imprescindible e necesaria.

24 de febreiro de 2026

Día contra da LGTBIFOBIA no deporte





Cartel feito a partir dos materiais elaborados pola Rede Educativa de Apoio LGTBIQ+ de Galicia.
Aproveitamos para facer unha selección de fondos relacionados e de interese para todo o noso alumnado, particulamente o da familia de Activides Físicas e Deportivas.




 

23 de febreiro de 2026

Little February: Libros curtos para o mes máis curto.




 Neste mes de febreiro quixemos seleccionar lecturas breves que fagan xogo co mes máis curto do ano.

Día de Rosalía 2026: Rosalía nas ondas da nosa Rula

 Estamos felices de poder prestar a nosa Radio na Biblio para colaborar na homenaxe a Rosalía que con tanto mimo preparou o EDLG.


 



A figura de Rosalía preside o noso hall e os seus versos quedarán gravados para sempre nos nosos podcast. Non hai mellor celebración que escoitar os versos de Rosalía nas voces de alumnado, persoal docente e non docente.

Unha pequena mostra, destacando o poema que inspira a exposición: "Quíxente tanto meniña". 

 

Tedes máis episodios listos para a escoita.