Mans a obra para conmemorar o 8M!
O alumnado do Ciclo Superior de Prevención de Riscos Profesionais confeccionou as súas propias chapas, deseñadas por eles mesmos para participar no concurso organizado pola empresa Resonac con motivo da Resonac Women's Week. Os gañadores foron María e Brais, que foron agasallados cun suadoiro co seu deseño e uns libros para engrosar os andeis de fondos de igualdade da nosa biblioteca.
Pero para nós, todas merecían un premio e ser lucidas nas nosas solapas.
Tamén enchemos a biblio co logo da actividade organizada este ano, Mulleres Raices, a nosa homenaxe ás que viñeron abrindo camiño.
Completamos a mañá recoñecendo o papel de moitas mulleres referentes en distintos ámbitos.
Por suposto, Rosalía luce tamén fachendosa a chapa conmemorativa. Faltaría máis!


.jpeg)


.jpeg)

.jpeg)
.jpeg)


.jpeg)


.jpeg)


.jpeg)

.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)

Ningún comentario:
Publicar un comentario
Graciñas por participar en biblioviva