José Suárez foi un destacado fotógrafo galego do século XX, recoñecido pola súa capacidade para captar a esencia da vida cotiá, especialmente en contornas mariñeiras, cunha mirada moi humana e artística.
Para conmemorar esta data, fixemos unha selección das súas fotografías máis icónicas, moitas delas inspiradas no mundo do mar.
A proposta que vos lanzamos é tratar de recrear estas imaxes, podendo adaptalas ou actualizalas ao contexto actual. Moitas fotos son grupais, polo que cremos que pode ser unha actividade interesante para traballar colectivamente a expresión artística, a observación e a conexión co patrimonio cultural galego desde unha perspectiva práctica e participativa. As fotos máis logradas recibirán un agasallo relacionado coas Artes e o Patrimonio Galego a escoller polos gañadores.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Graciñas por participar en biblioviva