13 de febreiro de 2016

Febreiro de amor e poesía

Aproveitando estes días fríos, pásate pola biblioteca para escoller unha lectura ou unha película para vivir unha intensa relación... Atoparás historias apaixonadas, tráxicas, clásicas ou contemporáneas. O amor enche o mundo e o noso mostrador.


Ata temos en liña a Lope de Vega!!

Que expresa mellor o sentir amoroso que a poesía? A música, puidera ser... Pois tema resolto: o xoves 18, Lucía Aldao e María Lado traerán os seus versos e a súa música. E, por suposto, non faltará o humor.


4 de febreiro de 2016

Tomando medidas aos libros que falan de ciencia

Os alumnos de 2º de Bacharelato tiveron ocasión de comprobar o peso específico, tamaño e volume de moitos dos libros divulgativos que se poden atopar na biblioteca. Cada un deles escolleu unha lectura cunha temática científica.



Aproveita ti tamén para collerlle a medida á ciencia. Aquí tes unha selección



13 de xaneiro de 2016

Grazas por colaborar na II Campaña Solidaria de Alimentos

Dende o Banco de Alimentos Rías Altas queren agradecer a todas as persoas da comunidade educativa do IES Universidade Laboral que colaboraron na nosa campaña solidaria









9 de decembro de 2015

Día do Voluntariado. Operación Pangono Pangono

Para recordar a celebración do Día Internacional do Voluntariado tivemos ocasión de escoitar a experiencia persoal de dous profesores do centro, Ricardo Baamonde e Jesús Fernández, que compartiron con nós a súa viaxe a Malawi. Faláronnos do seu traballo de voluntariado en Chezi, que quixeron enmarcar dentro dos obxectivos Global Goals

Contáronnos do proxecto que teñen en marcha, consistente na instalación dun sistema de bombeo de auga alimentado por enerxía solar, que evite os problemas derivados do deficiente sistema de subministro eléctrico en Malawi.

Como as cousas teñen que ir pouco a pouco, pero sin pausa, formaron a asociación Pangono Pangono ("pouco a pouco" na lingua local) que vai tratar de recaudar fondos para este fin.



Transmitíronnos  que o cambio ten que partires de todos e cada un de nós, que non se necesita que sexan os grandes mandatarios e gobernantes os que inicien estes “grandes” cambios que se precisan para rematar coas grandes inxustizas deste mundo. Depende, en definitiva, de cada un de nós





1 de decembro de 2015

Chegaron novos títulos. Escolle a túa lectura para o Nadal

Bótalle un vistazo ás nosas novidades y prepara as túas lecturas cara ás vacacións. Atoparás un pouco de todo: novidades editoriais galegas, literatura castelá, banda deseñada, cine....

Recorda que no blog de lecturas na laboral podes picar na etiqueta de túa preferencia (novela negra, humor, ciencia, mulleres...) e ler unha pequena sipnose

http://lecturasnalaboral.blogspot.com.es/





28 de novembro de 2015

II Campaña solidaria de recollida de alimentos

Iniciamos a II Campaña solidaria de recollida de alimentos dende o luns 30 de novembro e ata o día 11 de decembro. Igual que o ano pasado, as doacións recóllense na biblioteca. Contamos coa túa solidariedade para superar o recollido na campaña anterior. Grazas anticipadas