Para recordar a celebración do Día Internacional do Voluntariado tivemos ocasión de escoitar a experiencia persoal de dous profesores do centro, Ricardo Baamonde e Jesús Fernández, que compartiron con nós a súa viaxe a Malawi. Faláronnos do seu traballo de voluntariado en Chezi, que quixeron enmarcar dentro dos obxectivos Global Goals
Contáronnos do proxecto que teñen en marcha, consistente na instalación dun sistema de bombeo de auga alimentado por enerxía solar, que evite os problemas derivados do deficiente sistema de subministro eléctrico en Malawi.
Como as cousas teñen que ir pouco a pouco, pero sin pausa, formaron a asociación Pangono Pangono ("pouco a pouco" na lingua local) que vai tratar de recaudar fondos para este fin.
Transmitíronnos que o cambio ten
que partires de todos e cada un de nós, que non se necesita que sexan os
grandes mandatarios e gobernantes os que inicien estes “grandes” cambios
que se precisan para rematar coas grandes inxustizas deste mundo.
Depende, en definitiva, de cada un de nós
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Graciñas por participar en biblioviva