12 de novembro de 2018

Traballando coa Lingua Castelá na biblioteca: A voz do experto

O alumnado de 3º da ESA estivo moi ocupado traballando o texto expositivo e as habilidades lingüísticas. Para realizar a actividade empregaron a aula de informática para buscar a información por parellas e despois foron quen de desenvolver unha entrevista a un"experto" na aula de traballo colaborativo da biblioteca e na propia aula. No resultado final tiñan que aplicar as características estudiadas sobre estes textos e controlar a súa expresión oral

Aquí tendes unha mostra do traballo desenvolvido







Novas sesións de formación de usuarios

O alumnado de 1º de Ciclos Formativos segue a participar nas actividades de formación de usuarios, descubrindo a biblioteca e os seus fondos.









6 de novembro de 2018

Formación de usuarios

Un ano máis, o alumnado de 1º de Bacharelato e 1º de Ciclos Formativos está a participar nas sesións de formación de usuarios para que coñezan ben o funcionamento da biblioteca e atopen facilmente os fondos e os recursos que a biblioteca pon ao seu dispor.








Primeira sesión do noso clube de lectura

O noso clube de lectura xa está en marcha con moitos novos lectores. Compartimos os nosos gustos lectores, novelas e tampouco podía faltar o café con doces.





3 de outubro de 2018

Novidades no noso revisteiro

Cada mes atoparás unha selección de revistas na biblioteca. Procuramos que sexan variadas e ir cambiando cada mes. Se che gustaría que tiveramos algunha en especial non tes máis que facernos a suxestión.

Este mes destacamos dúas novas revistas sobre fútbol: "O dez" escrita en galego e Líbero. Tamén, coma sempre, Luzes e varias opcións para informarte de música, videoxogos e cinema.

Pásate a botar unha ollada


24 de setembro de 2018

Apertura da biblioteca con horario ampliado

O vindeiro mércores día 26 a biblioteca abrirá ás súas portas. Este curso a biblioteca estará dispoñible desde as 8:30.

Vémonos na biblioteca!