16 de xuño de 2020

Entrega de premios do I Concurso de Microrrelatos "Axenda 2030" e despedida dos voluntarios e voluntarias

Tocaba hoxe entregar os premios aos gañadores do concurso de microrrelatos organizado polo alumnado voluntario na biblioteca. Así que aproveitamos o día para despedir aos nosos voluntarios e voluntarias.



Non puidemos celebralo coma nos gustaría, pero polo menos mirámonos aos ollos e intercambiamos risas más aló da pantalla.

O acto comenzou cunhas palabras de Andrea:




A continuación repartimos os agasallos entre os premiados:










E unha foto de grupo.


Atrás queda o traballo desenvolto, as ilusións das primeiras reunións por facer tantas cousas... As circunstancias  deste curso tan atípico e singular para todos os que formamos a comunidade educativa da Universidade Laboral marcaron a nosa axenda. Pero tiñamos unha por cumprir: a Axenda 2030. Ninguén merece máis ca eles lucir o logo do noso centro coa Axenda 2030. Un privilexio ter traballado con eles. Demostran co seu exemplo que un mundo mellor é posible.




Desexámoslles sorte nos novos camiños a percorrer!

11 de xuño de 2020

Axenda 2030: moito por facer, moito por ler

As nosas recomendacións lectoras para o verán inspíranse na Axenda 2030. Buscamos lecturas relacionadas con cada un dos obxectivos para elaborar as nosas suxestións. Escolle o teu obxectivo e a ler!


17 de maio de 2020

Día das Letras Galegas 2020: #DesconfinarALingua

Moitos membros da nosa comunidade educativa sumáronse á compaña das Bibliotecas Municipais de A Coruña, substituíndo as máscaras por recomendacións lectoras na nosa lingua.

Aquí tedes o resultado:


16 de maio de 2020

A Laboral, un centro diverso e inclusivo

O día 17 de maio celébrase o Día Internacional contra a Homofobia, a Transfobia e a Bifobia para conmemorar a eliminación da homosexualidade do listado de enfermedades mentais por parte de la Asamblea Xeral da Organización Mundial da Saúde, que tivo lugar o 17 de mayo de 1990.


Dentro do noso proxecto da Axenda 2030, prestamos especial atención ao ODS 5.


Queremos que o noso alumnado se sinta cómodo, acollido e defendido calquera que sexa a súa orientación sexual. O profesorado do centro reivindicamos este dereito cun pequeno vídeo.



15 de maio de 2020

Lecturas pola diversidade

Con motivo  do Día Internacional contra a homofobia, transfobia e bifobia, seleccionamos algúns dos nosos fondos sobre esta temática.

Non hai mellor antídoto contra a ignorancia e o rexeitamento ao diferente que escoitar, ler e compartir. As lecturas traénnos outras realidades e amplian os nosos horizontes.


12 de maio de 2020

Sumámonos á campaña das Bibliotecas Municipais de A Coruña #DesconfinarALingua

Chegou a ansiada desescalada e parece o momento propicio para sustituir as máscaras quirúrxicas por obras escritas na nosa lingua, poesía, novelas, ensaio... É hora de sacar a lingua dos recintos onde permanece confinada, coma un rito, e que ocupe terrazas e rúas.



Queremos que a nosa comunidade educativa participe na campaña das Bibliotecas Municipais de A Coruña #DesconfinarALingua. Compartimos íntegramente a súa xustificación e reproducimos o texto da presentación da mesma.

"Nesta nova normalidade hai unha ferramenta humilde e simple que nos acompaña: as máscaras. Que cobren a nosa faciana hoxe para abrir horizontes abertos mañá. Tamén así os libros, a música, o pensamento, a palabra oral e escrita, nos achegan mundos, propostas, escenarios, realidades que amplían as nosas propias vidas.

 Este 17 de maio, Día das Letras Galegas tapamos a boca coas máscaras diversas da creación en galego xustamente para desconfinar a lingua, para abrir, cara nós e cara as demais, a xanela grande de todo o que ofrece o idioma. 
  • Desconfinar a lingua é descubrir toda a creación que se pode desfrutar en galego.
  • Desconfinar a lingua é, con Carvalho Calero, aproveitarmos o vínculo directo de galego e portugués para sentir un mundo de contidos e posibilidades.
  • Desconfinar a lingua é ir máis alá do coñecido e poñer o foco na creación máis viva e contemporánea.
  • Desconfinar a lingua é coñecela, poder usala, vivila con normalidade e sen filtros, en todos os ámbitos e situacións.
  • Desconfinar a lingua é mostrar a nosa cara este 17 de maio nas redes, con libros, discos, publicacións, filmes... na nosa lingua, como xeito de os mostrar, recomendar e dar a coñecer.

 Unha ocasión  para coñecer, usar e vivir a lingua con normalidade e sen filtros en todos os ámbitos e situacións."

23 de abril de 2020

Libros confinados no Día do Libro

O profesorado e persoal do centro tamén quixo celebrar o Día do Libro desde as súas fiestras e balcóns, compartindo as súas lecturas confinadas.