A nosa biblioteca está chea de arrepiantes lecturas, non teñas medo e ven!
Tecido coa infinita capacidade da poesía en lingua galega para aguzar o sentido crítico e ofrecer unha ollada artística e poliédrica sobre asuntos como a igualdade, a diversidade sexual, a construción da identidade ou a saúde (mental, pero non só) este recital musicado xorde da necesidade de celebrármonos na nosa individualidade, pero tamén da de sabernos parte dun todo (colectivo, comunidade, sociedade, panda de amigas) no que atopar referencias e referentes desde e coas que ir conformando esa persoa que somos ou estamos a piques de ser e coa que conviviremos o resto das nosas vidas. Esa persoa que leva tantos nomes aos que atendemos cando nos chaman.
A situación actual de desinformación, bulos, noticias falsas é alarmante, pero hoxe no Día das Bibliotecas queremos poñer unha nota de humor. Pensamos que a labor dos centros docentes, en xeral, e das bibliotecas, en particular, acabará por dar o seus froitos e gañar a batalla.
A mellor cousa que podemos facer no día de hoxe é presentar unha selección de lecturas que nos axudarán a interpretar o mundo.
Xa sabedes, contra a desinformación, BIBLIOTECAS!
Nestes momentos semellan máis necesarias que nunca as bibliotecas. Resultan imprescindibles fontes fiables de información frente a ameaza de influencers, Tik-Tok e Fake News.
Este venres, 24 de outubro, celebramos o Día das Bibliotecas, unha data crave para poñer en valor a función esencial que estes espazos desempeñan na nosa sociedade.
Unha orixe con memoria: por que o 24 de outubro?
Esta celebración, impulsada pola Dirección Xeral do Libro, do Cómic e da Lectura do Ministerio de Cultura, conmemora o tráxico incendio da Biblioteca de Saraievo en 1992, durante o conflito dos Balcáns. É unha homenaxe ao labor dos bibliotecarios e un recordatorio da importancia da defensa da cultura, a memoria e o acceso libre ao coñecemento. Desde 2019, a celebración incorpora o lema xeral "Aptas para todos os públicos", ao que se suma un fío condutor temático que cambia cada ano.
Xa todo en orde, co equipo traballando para comezar a encher o noso calendario de actividades.
En outubro, exposición de Mulleres Escritoras, celebración do Día das Bibliotecas, comezo do Club de Lectura e a visita de Lucía Aldao e Samuel Merino co seu espectáculo os Nomes Íntimos.
Por suposto, non nos esquecemos das lecturas de medo polo Samaín.
Xa non tes excusa! A biblioteca está sempre aberta no teu móbil.
Agora podes escanear o QR e acceder ao noso catálogo nun click.
Hora de buscar ese libro que necesitas" Fai a proba!