Temos aos nosos axudantes preparando todo o material para o 25N. Encántanos a súa implicación e contar co seu traballo para desenvolver as actividades previstas.
9 de novembro de 2021
8 de novembro de 2021
O Club de Lectura está de volta: unha gozada!
Moito botabamos de menos o noso club e as sesións presenciais.
Desde a última sesión do Club celebrada na biblioteca en febreiro de 2020, pasamos por unha pandemia, o IES pasou a ser CIFP, parte do profesorado que nos acompañaba nestas sesións tivo que marchar. Nada que ver ca situación actual, con máscaras, outro perfil de alumnado e novo horario. Pero se hai algo que non se perdeu: as ganas de compartir lecturas e... o pracer de tomar chocolate.
Con todas as dificultades superadas, hoxe tocou presentar o noso menú aos novos membros do club. Temos unha carta moi variada, para todos os gustos, con aperitivos, menú do día, cousas máis fortes (brasa e leña) e por suposto doces e sobremesas.
Fixemos as presentacións e cada un de nós explicou os seus gustos lectores e recomendou as súas últimas lecturas.
A biblioteca lucía nos seus andeis moitas propostas lectoras para comentar na sesión e para convidar con máis lecturas aos asistentes.
Jamás tendré 20 años de Jaime Martín, Open de André Agassi, La casa de Paco Roca marcharon debaixo do brazo de alguén.
A proposta lectora para o mes é Rewind de Juan Tallón. Parécenos que a temática do libro é moi axeitada para o momento que vivimos, de reflexionar sobre o que é importante na nosa vida, de parar para seguir. Cremos que dará moito que falar, sobre todo se temos a oportunidade de compartir as nosas reflexións co autor. Desexando que chegue o día!
3 de novembro de 2021
Toca expurgar!
Coa conversión en CIFP todo o centro ten que adaptarse ao novo perfil do alumnado. A biblioteca tamén tratará de que os seus fondos sexan útiles á comunidade educativa, descartando aqueles que xa non responden ao interese dos nosos usuarios.
A nosa colección está en continua renovación, xa que pretendemos unha biblioteca dinámica, conectada as necesidades cambiantes de alumnado e profesorado. Non vale parar!
28 de outubro de 2021
Conta atrás para o 25N
Se algo temos claro é que o noso centro ten que ser un referente da igualdade e da loita contra a discriminación e a violencia de xénero.
Non cremos en conmemoracións dun día, pensamos que é un traballo cotiá, que debe estar presente sempre nas nosas aulas e talleres.
Fai uns días que os rapaces e rapazas de diferentes Ciclos que cursan os módulos de Procesos de Montaxe e Mecanizado andan a traballar nos materiais para facer visible o 25N no centro.
Sabedes xa que andan argallando? Unha pista...
Chega o Samain entre esqueletos e contos
Coma cada ano a biblioteca prepárase para o Día de defuntos e para celebrar o Samaín.
Federico, o noso esqueleto favorito, xa seleccionou as lecturas máis acaídas para este día.
Aproveitando o escenario o alumnado de FP Básica acudiu na sesión do módulo de comunicación a contar historias de medo, tradicionais de Galicia coma a Santa Compaña, pero tamén de outros países de orixe do alumnado. Escoitáronse contos da República Dominicana, de Perú ou Brasil. E todos fixeron tremer aos asistentes... Atréveste a ler unha das nosas propostas de medo.
Os nosos fondos, libro a libro: exemplares para todos
Na biblioteca procuramos ter varios exemplares das lecturas recomendadas polo profesorado ou propostas nos diferentes clubs de lectura.
Para mostra as dúas últimas adquisicións múltiples:
Unha proposta para o módulo de Navegación e goberno da nave, no CS de Transporte Marítimo e Pesca de Altura:
Rewind, de Juan Tallón
Os nosos fondos, libro a libro: La novia gitana, de Carmen Mola
Na nosa biblioteca atoparás todos os libros de moda, os que están na boca de todos.
A última gala dos Premios Planeta veu cunha sorpresa: a famosa Carmen Mola, autora de novelas de misterio como La novia gitana, escondía baixo o seu seudónimo a tres homes, os tamén escritores Jorge Díaz, Agustín Martínez y Antonio Mercero. A polémica está servida.







































