10 de abril de 2018

Liñas paralelas: Contos e música



Hoxe visitaron a nosa biblioteca Pepe Sendón e Marcos Teira coa súa proposta cultural de Liñas Paralelas. Nesta actividade mestúranse a narración oral e a música, creando unha especial atmósfera a luz das candeas.



Os relatos de hoxe tiñan como fío conductor o mundo do traballo e as situacións ás que se enfronta ao longo da súa vida un traballador.

Tivemos ocasión de escoitar relatos de moitos autores, entre eles, Rafael Dieste, Donald Barthelme, Heinrich Böll, Víctor Giudice, Primo Levi e Pippa Goldschmidt.

Como gañar o teu posto de traballo nunha empresa que valora a iniciativa e o dinamismo aínda que non sabes a que se adica? Como responder cando se che esixe facer máis daquilo para o que fuches contratado? Que se sente cando non entendes en que consiste o teu traballo e, por extensión, a túa vida? Como reaccionar cando o teu traballo sae mal a pesar das túas mellores intencións? Como é posible que cantos máis anos pasas no teu posto, máis emperoren as condicións do teu traballo?
É posible sentirse só e alienado rodeado de compañeiros no teu moderno e agradable local de traballo?

Todas estas preguntas encontran unha resposta, ás veces tráxica, ás veces cómica ou sarcástica
nestes casos de ficción que ben poderían ser verdade...

Unha pequena mostra





Pensamos que foi un xeito de compartir unha oportunidade cultural para o alumnado de Ciclos Formativos que cursa o módulo de Formación e Orientación Laboral e en especial para o Ciclo de Prevención de Riscos Profesionais, que estudan os riscos psicosociais no posto de traballo.





Ningún comentario:

Publicar un comentario

Graciñas por participar en biblioviva