O luns, día 23, despedimos no club de lectura a algunhas das nosas alumnas que deixarán o centro dentro de poucos días. Quixemos agasallalas coa mensaxe que a recoñecida recomendadora de lecturas en Instagram @loenlasnubes propón: #leeydejaleer. Casualmente (ou non tanto; somos un grupiño de lectores militantes) unha das profes levaba a mesma reivindicación na súa bolsa. Así que temos a imaxe ao completo: mozas lectoras ás que lles desexamos unha vida chea de moitísimos libros. Se o noso club proporciona novas razóns para aumentar o seu afán lector, tarefa cumplida!! Non se pode celebrar mellor o Día do Libro.
A sesión comezou cunha festa na que non podía faltar a tarta resumo do ano de lecturas
Logo tocou falar da derradeira lectura do curso: "Futuro imperfecto", de Xulia Alonso. O Santiago dos oitenta, as drogas, o amor, a morte... moitos temas que permitiron que a tertulia resultase moi fructífera e enriquecedora para todos e todas.
Só queda despedirse ata o ano que ven.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Graciñas por participar en biblioviva