Tivemos representación do mundo do boxeo, rugby, remo, fútbol, conducción de cars, judo. Como auditorio contamos co alumnado e profesorado do Ciclo de Animación Deportiva e correspondeu moderar o debate a unha alumna de Bacharelato, apoiada pola profesora de Lingua Castelá.
Tiñamos moitas ganas de escoitar diferentes puntos de vista e a biblioteca lucía preparada para acoller o acto.
A actividade inaugurou a Semana da Saúde que se celebrará no centro con exposicións, charlas, almorzos saudables e moito máis que temos preparado.
Cando falamos de saúde temos que ter presente a definición da OMS que indica que saúde é un estado de completo benestar físico, psíquico e social. Por tanto, as sociedades con actitudes machistas están enfermas e non son sas.
Para iniciar o debate visualizamos o bochornoso momento da entrega do Balón de Ouro a Ada Hegerberg
Seguimos cunha parodia de José Mota, entrevistando a Garbiñe Muguruza, aínda que lamentablemente concorda bastante coa realidade do tratamento dos medios de comunicación ao deporte feminino
Todas as participantes consideraron que aínda que no seu grupo deportivo non viviran situacións de discriminación cos seus compañeiros varóns, desde as propias gradas, as arbitraxes, as federacións, os medios de comunicación si se manteñen condutas e actitudes claramente sexistas.
Resultaron moi interesantes todas as experiencias compartidas.
Aproveitando a presenza de deportistas de alto rendimento, quixemos centrar o debate nun aspecto, ás veces esquecido ou invisibilizado: Que pasa tras a retirada do deporte de elite? Como é á volta a realidade fóra da competición?
Ter claro que é moi difícil vivir do deporte por un longo periodo de tempo, formarse, estudar, acadar un emprego, tratar de compatibilizar vida persoal e deportiva parecen ás solucións.
En definitiva, o tempo previsto, hora e media, non chegou a nada. Queda moito por visibilizar e debater. A biblioteca queda aberta para continuar falando, pensando e reflexionando.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Graciñas por participar en biblioviva