O departamento de Lingua Castelá e a Biblioteca organizamos
conxuntamente unha actividade relacionando o Día do Libro coa temática
deste ano das Bibliotecas Escolares (Poéticas Diversas). O venres o alumnado de 1º de Bacharelato asistirá na biblioteca ao espectáculo de Lucía Aldao e María Lado, combinando versos, música e humor. Será ás 11:15 na biblioteca.
O aforo de alumnado está completo pero o profesorado que teñades
dispoñibilidade horaria quedades convidados, aínda que quededes de pé.
Podedes ver un adianto do traballo de AldaoLado aquí.
Hoxe, Día do Libro e dos dereitos de autor, aproveitamos para compartir o díptico para conmemorar este día elaborado pola Asesoría de Bibliotecas Escolares. Marilar Aleixandre xenerosamente cedeu un poema para esta pequena peza de difusión do Día do Libro, sobre a lectura como unha viaxe ao fondo das preguntas. Un
texto que convida a reflexionar sobre a importancia da lectura como
revulsivo para interrogar, cuestionar, dubidar, aprender, enfocar,
repensar e nunca conformarse.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Graciñas por participar en biblioviva