Este ano púxose en marcha un Club de Cine organizado polo Departamento de Filosofía. Xa tivemos tres sesións.
No primeira, a película foi El Show de Truman. Con ela o alumnado repensou a Platón e conseguiu dubidar da realidade do mundo.
A seguinte sesión xirou arredor de La Ola. Trememos de medo ante nós mesmos ao decatarnos do doado que poder ser mostrar unha actitude totalitaria
A última película que se visionou foi máis esixente. Tivemos que prestar moita atención aos diálogos porque a acción era mínima (aparentemente): todo trascurría nunha sala pechada e os movementos que se producían eran semellantes a unha partida de xadrez, lentos, racionais e só perceptibles polas mentes despertas como as vosas, aínda que hai que recoñecer que as bolachas axudaron moito!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Graciñas por participar en biblioviva